REFRANEIRO

En este pequeno refraneiro recopilamos os refráns aportados polos centos de visitantes que se achegaron á nosa carpa durante o Mercado Mariñeiro de Sada e o Magosto de Sada.

REFRÁNS MARIÑEIROS

Quen pasou A Marola
pasou a mar toda

( A Marola é un pequeno illote que se atopa fronte á costa de Dexo e que ó pasalo supón a saída a mar aberto das rías da Coruña e de Ares-Sada-Betanzos)

Polo San Xoan 
a sardiña molla o pan

(Ben sabído é por todos que nesas datas as sardiñas é cando están no seu punto, coa sua graxiña)

Gaivotas en terra
mariñeiros á merda

 (Pois iso, que non nos fai falla Meteogalicia para saber cando vai facer temporal)

Cun ballestrinque e un cote
non se escapa o bote







REFRÁNS SOBRE O OUTONO E O MAGOSTO

Se chove en agosto
nen bo viño, nen bo magosto

Polo Pilar
as primeiras castañas has de asar

No magosto
as castañas son un gozo

As castañas asadas,
en Sada,
son unha pasada

Polo Nadal
as castañas asadas
saben ben 
e pártense mal

As castañas no lume
quéntanse e botan fume

As castañas no magosto
teñen bo gosto

Se non ves as castañas
quítate as legañas

 Quita as arañas
que imos poñer as castañas

No outono as follas caen
e as castañas nelas medran

No outono 
as castañas teñen sono

Mes de novembro
bendito mes
que empeza por Santos
e acaba por San Andrés

 No tempo dos figos
é tempo de ter bos amigos











Comentarios

  1. Hola a todos, soy un amante de la carpintería y el mar me apasiona. Ya estoy en modo retirado, estoy buscando aprender la fabricación de naves pequeñas, comenzando con canoas. Soy de Colombia y estaré en España de vacaciones durante el mes de mayo del 2021.
    ¿Dónde podré encontrar un curso de una semana para aprender los principios básicos? Busca una escuela o similar, semejante a las que hay en Estados Unidos y Canadá.
    Quedo a la espera de sus buenas noticias.
    Saludos,

    Jorge Botero
    jorge.botero@cajadecolores.com

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

Publicacións populares deste blog