Xa remata o Proxecto Museo a Flote 2024




Unha estampa moi parecida a esta veremos en Sada próximamente grazas ao apoio do GALP para levar a cabo o noso proxecto de museo a Flote, que está a piques de rematar

    Froito deste proxecto, construíuse un barco de media construcción, unha tipoloxía do Golfo Artabro prácticamnete extinta, quedando so un par de exmplares, que nos saibamos en Ferrol. Estes barcos tiñan a característica moi peculiar de que no fondo son de liñas curvas, coma un bote da ría, pero un pouco máis abaixo da liña de flotación arrancan cara á obra morta con pantoques verticais, coma se fora unha chalana. 

Esta embarcación construiuse en Asteleiros Catoira, unha das mellores carpinterías de ribeira de Galicia en Rianxo. Agora está lista para navegar, so falta atopar unha boa data para a botadura, e a disfrutala. 





Pero o Proxecto non só foi iso, foi moito máis. Elaborouse tamén un proxecto técnico para a construción dun pantalán adicado ás embarcacións tradicionáis en Sada, fronte ao paseo marítimo.
Ademáis do pantalán tamén está previsto un espazo en terra de carácter expositivo 

Por iso decimos que rematou o Proxecto 2024. Só no 2024. Quedanos moitísimo traballo por desenvolver e volveremos a loitar no 2025 para que Sada por fin teña un espazo expositivo adicado ás súas tradicións mariñeiras. 

Queremos agradecer enormemente todo o traballo de apoio das institucións que estiveron en xogo para esta primeira fase, e moi en especial ao persoal do GALP GOLFO ARTABRO SUR. Sen o seu aopio, comprensión e axuda nada disto sería posible: MOITAS GRAZAS



Comentarios