Xa remata o Proxecto Museo a Flote 2024
Unha estampa moi parecida a esta veremos en Sada próximamente grazas ao apoio do GALP para levar a cabo o noso proxecto de museo a Flote, que está a piques de rematar Froito deste proxecto, construíuse un barco de media construcción, unha tipoloxía do Golfo Artabro prácticamnete extinta, quedando so un par de exmplares, que nos saibamos en Ferrol. Estes barcos tiñan a característica moi peculiar de que no fondo son de liñas curvas, coma un bote da ría, pero un pouco máis abaixo da liña de flotación arrancan cara á obra morta con pantoques verticais, coma se fora unha chalana. Esta embarcación construiuse en Asteleiros Catoira, unha das mellores carpinterías de ribeira de Galicia en Rianxo. Agora está lista para navegar, so falta atopar unha boa data para a botadura, e a disfrutala. Pero o Proxecto non só foi iso, foi moito máis. Elaborouse tamén un proxecto técnico para a construción dun pantalán adicado ás embarcacións tradicionáis en Sada, fronte ao paseo marítimo. Ademáis do p