Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2024

CONFERENCIA ARQUITECTURA NAVAL NO GALP

Imaxe
  CONFERENCIA DE INTRODUCCIÓN Á ARQUITECTURA NAVAL O pasado sábado 9 de marzo Alejandro Martín , historiador e arqueólogo subacuático, fíxonos unha estupenda introducción á Arquitectura Naval nas instalacións do GALP (Grupo de Acción Local Participativa) Ártabro Sur , no paseo marítimo de Sada. O estudo das orixes e da evolución histórica da arquitectura naval baséase nos restos arqueolóxicos de embarcacións e en testemuñas escritas, así como na iconografía.  Con todo, Alejandro remarcounos que esta iconografía debe interpretarse con sentido crítico, xa que moitas veces os seus autores eran alleos ao mundo naval. Centrándonos no estudo do Mediterráneo e da súa área de influencia (mar Negro e mar Vermello, sobre todo), Alejandro presentounos testemuñas dos principais sistemas de construcción, propulsión e goberno, e que arrincan en torno ao 2400 a.C.  Entre elas poderían salientarse a construcción con sistema de forro primario, o espolón, o timón lateral, o mástil desmontable, a propu