Concedida a axuda para crear as bases dun ecomuseo a flote en Sada
Esta semana foi notificada pola Consellería do Mar a aprobación da solicitude que fixemos a través do GALP para empezar co "Ecomuseo a Flote" , un proxecto que pretende crear un pantalán no paseo marítimo de Sada adicado ás embarcacións tradicionais, acompañado de diversas actividades divulgativas.
Nesta primeira fase do proxecto, farase un estudo de viabilidade, asi como un estudo técnico sobre a construción do pantalán. Asemade, construirase unha embarcación tradicional que foi propia do golfo Artabro, e que na nosa ría xa non existe: O bote de media construción, un ha embarcación típica de aquí, con pantoque planos e obra viva similar a un bote. Ademáis esta embarcación levará 3 tipos distintos de arboladura para poder facer demostracións ao público dos distintos aparellos utilizados nas embarcacións tradicionais no golfo Artabro: a vela latina, a vela de relinga e a vela cangrexa.
En Xaneiro está previsto empezar xa co Proxecto. Desde Os Patexeiros agradecemos o apoio do GALP Golfo Artabro Sur, sen o cal este proxecto sería imposible.
Comentarios
Publicar un comentario
Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com