Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2023

DOMINGO 31 AS 12:00 FRONTE A L DE SADA

Imaxe
 

Concedida a axuda para crear as bases dun ecomuseo a flote en Sada

Imaxe
 Esta semana foi notificada pola Consellería do Mar a aprobación da solicitude que fixemos a través do GALP para empezar co "Ecomuseo a Flote" , un proxecto que pretende crear un pantalán no paseo marítimo de Sada adicado ás embarcacións tradicionais, acompañado de diversas actividades divulgativas.  Nesta primeira fase do proxecto, farase un estudo de viabilidade, asi como un estudo técnico sobre a construción do pantalán. Asemade, construirase unha embarcación tradicional que foi propia do golfo Artabro, e que na nosa ría xa non existe: O bote de media construción, un ha embarcación típica de aquí, con pantoque planos e obra viva similar a un bote. Ademáis esta embarcación levará 3 tipos distintos de arboladura para poder facer demostracións ao público dos distintos aparellos utilizados nas embarcacións tradicionais no golfo Artabro: a vela latina, a vela de relinga e a vela cangrexa.  En Xaneiro está previsto empezar xa co Proxecto. Desde Os Patexeiros agradecemos o apoio
Imaxe
 

Comenza a restauración do "Cóndor"

Imaxe
 O Cóndor e unha fermosísima embarcación tradicional que foi donada á asociación, e que vai ser reparada cun proxecto de Aprendizaxe - Servizo, onde un grupo de reapaces de FP  Básica do CIFP universidade Laboral do ciclo de mantemento de embarcacións recreativas van estar todo este ano aprendendo o oficio e axudando ao mesmo tempo a conservar este patrimonio.  A embarcación foi subida o pasado día 29, aproveitando a visita a Sada E o día 5 por fin se puido levar as instalacións do CIFP Universidade Laboral, onde os rapaces xa limparon todo o mexilón, que foi parar á composteira do horto do centro. Así facían os patexeiros, coller do mar para facer abono. Así que agora xa está limpo e achicado, preparado para quitar o motor e intentar reparalo 

Visita do alumnado de Pesca e de mantemento de embarcacións do CIFP Universidade Laboral

Imaxe
 O Pasado día 29, un grupo de alumnos veu a visitar as nosas instalacións, e puideron asistir a unha visita guiada no pantalán onde provisionalmente están amarradas as nosas embarcacións tradicionais.  Ademáis, nesta visita tamén fumos visitar a lonxa, onde Manuel de ACEERGA nos explicou cómo eran as subastas antigamente, e cómo pasou logo a instalarse a "rula", que e un sistema automatizado de indicador de prezos, pero hoxe en día sustituido xa por outras tecnoloxías.  Esta "rula" e a única que se conserva instalada e en funcionamento de toda España, unha verdadeira xoia.  Finalmente, o grupo tamén visitou as instalacións do GALP Golfo Artabro Norte, onde se lles explicou que é este organismo e cómo poderían acceder a axudas.