VII Curso de carpintaría de ribeira
Un ano máis levamos adiante outra edición dos nosos famosos cursos de carpintaría de ribeira.
O curso terá unha duración de 24 horas e levarase ó cabo os sábados pola mañán en horario de 9:45 a 14:00, cun descanso de 20 minutos, na Carpintaría Lorbé, sita no Porto de Lorbé - Oleiros (A Coruña).
A data de comezo prevista está fixada para o 19 de outubro, e continuará os seguintes sábados 26 de outubro e 9, 16, 23 e 30 de novembro.
Os temas que se impartirán no curso, coma outros anos, incluirán dende coñecemento, preparación e afiado de ferramentas, nocións básicas de construcción naval, cómo se empeza a facer unha embarcación (sacaremos unha caderna). Faremos traballos básicos de mantemento dunha embarcación tradicional tales como botar táboas da cuberta, botar táboas do forro, sorraina, regala, reparar a fogonadura, calafateo, virado de táboas, etc...
Durante o curso traballaremos na embarcación Nordesía, última adquisición da A.C.M. Os Patexeiros.
A aportación para o curso será de:
- 115 euros para os Socios Patexeiros
- 135 euros para os non socios.
O curso non se levará adiante se non hai un mínimo de alumnos.
Preinscricións a traveso do mail: ospatexeiros@gmail.com
Comentarios
Publicar un comentario
Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com