RUMBO ÁRTABRO
Esta semán levaremos adiante a I Travesía/Regata Rumbo Ártabro., de agora en diante Rumbo Ártabro. Rumbo Ártabro é un evento deportivo e social que ten como obxectivo principal poñer en valor as embarcacións tradicionais de todo o Golfo Ártabro. Dito evento será organizado pola ASOCIACIÓN CULTURAL MARIÑEIRA OS PATEXEIROS, de Sada, ca colaboración do CLUB DO MAR DE FERROL, CLUB NÁUTICO DE ARES, CLUB MARÍTIMO DE PERBES e PORTA DA VILA de Betanzos. A proba consistirá nunha navegación por etapas discurrindo polas rías de Ferrol, Ares e Bentanzos, o denominado como Golfo Ártabro. Lugar e datas: Data Navegación Saída Chegada Millas aprox. 1ª Etapa Mércores 14 de agosto do Porto base – Ferrol 17:00 10,7 Nm 2ª Etapa Xoves 15 de agosto Ferrol – Ares 12:00 17:00 8,9 Nm 3ª Etapa Venres 16 de agosto Ares – Perbes – Sada 12:00 19:00 8,0 Nm