Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2019

As embarcacións tradicionais expostas na Coruña

Imaxe
Do día 14 ó 17 de febreiro, participamos levando tres barcos á praza da Fábrica de Tabacos, na Coruña, con motivo dun interesante ciclo de conferencias sobre a situación das embarcacións tradicionais en Galicia. As conferencias, que se enmarcaban dentro do espazo Tribuna Pública Coruña, correron a cargo de Bernardo Máiz e Pepe Sacau durante a tarde do xoves, e de Víctor Fernández o venres pola tarde. Bernardo falóunos sobre o solpor das embarcacións tradicionais de Galicia, Pepe achegou á xente o proxecto das mariñas tradicionais Mardevelas, e a charla de Víctor versou sobre por qué é interesante conservar o patrimonio marítimo e fluvial. Nós achegamos á mostra o bote polbeiro Reina, recén restaurado polo noso socio Ángel, a buceta Fiateira, propiedade da AAETG e restaurada este inverno polo noso socio Moncho, e a dorna A Feituca. Desta maneira, os visitantes poideron admirar tres tipoloxías distintas, dúas das Rías Altas e unha das Rías Baixas e veren as diferencias de c

Empezamos o ano - Asemblea Patexeira

Imaxe
Este pasado sábado tiveron lugar no noso local social do Porto de Lorbé, as nosas Asembleas Extraordinaria e Ordinaria. Na Asemblea Extraordinaria tomou relevo a xunta directiva. Por primeira vez na historia dos Patexeiros, temos unha Presidenta. É un orgullo para tod@s @s Patexeir@s que por primeira vez, unha muller tome o temón da Asociación. Nun mundo, o das embarcacións tradicionais, onde a participación da muller está empezando a medrar, afortunadamente, Os Patexeiros temos a sorte de contar con un 27% de socias nas nosas filas. Unha porcentaxe que nos gustaría aumentar nos vindeiros anos. Moito ánimo á nova xunta directiva e prometemos axudal@s en todo o posible. Na Asemblea Ordinaria, calendamos as nosas actividades para este 2019 ademáis de outros temas varios.