Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xullo, 2018

VI Xuntanza Patexeira

Imaxe
Un ano máis celebramos esta fin de semán, coincidindo cas Festas do Carme de Sada, a VI Xuntanza Patexeira de Embarcacións Tradicionais. Trae o teu barco e sal a navegar e cambiar impresións con nós. Comida-pinchada para os participantes.

Navega cos Patexeiros

Imaxe
Este verán disfruta de novas experiencias nas augas da Ría de Ares, Betanzos e Sada. Navega nunha embarcación tradicional e disfruta dun entorno único dende o mar. Quéres aprender a navegar nun barco tradicional? : Apúntate a un curso de vela dunha semán de duración impartido por monitores expertos titulados. Quéres dar un paseo pola ria?: Pois tamén podes. Nunca foches nun barco e queres sair a dar unha volta a ver se che gusta?: Igualmente o podes facer. Que se sentirá navegando de noite pola ría?: Pois agora podes sabelo da man dos Patexeiros. Non dubides en contactar por tel, whatsapp ou correo electrónico. Desfruta do verán!!!