Os Patexeiros na Romaría de San Miguel na Pastoriza - Arteixo
Invitados polo Concello de Arteixo, Os Patexeiros estivemos presentes, onte sábado, na Romaría de San Miguel, en Pastoriza xunto con outros artesáns que facían demostración dos seus traballos.
Ata alí desplazamos o Arredemo.
O Arredemo é un bote polbeiro das Rías Altas, que xa ten un longo curriculum ás súas espaldas, pois este bote xa participou no Festival Marítimo de Brest no ano 2008 representando a Sada. Tamén estivo presente nos Encontros de Embarcacións Tradicionais de Galicia de Muros (2009) e Carril (2011).
Navegou polas Rías de Ares-Sada-Betanzos, Arousa, e Muros-Noia, sempre lucindo as súas cores beige e granas.
Este ano cambiou de armador, por suposto tamén Patexeiro, que decideu cambiarlle as cores por outras máis ó estilo portugués, como lle din todos os que o vén.
Ó chegar á praza do santuario de Pastoriza déronnos a benvida varios responsables do Concello, e instalamos o posto e o barco.
Despóis de descargar o barco, os transportistas voltamos por onde viñemos pois tiñamos pola tarde outro gran evento Patexeiro en Sada.
Alá se quedou o noso presidente Lucas, que tivo que sacrificar a súa participación na última regata da Copa Balbina por cumprir cos veciños de Arteixo e representar á Asociación. Tamén o acompañou o amigo Serxo que lle botou unha man, ante a falta do noso carpinteiro titular Javi Naveira que non pudo acudir por motivos de traballo.
Pola tarde chegarían reforzos das máns do noso vicepresidente Pablo Morán.
Tiveron a sorte de estar amenizados pola música dos grandes Brath e dos estupendos Dequenvessendo. E tendo en conta o que lles gusta a música ós nosos patexeiros, abofé que non o pasaron mal.
Estiveron botándolle unhas pezas da cuberta ó Arredemo que vai alistoada con piñeiro e xatoba.
Queremos agradecer á Concelleira Patricia Amado, e a María Rozamontes do Concello de Arteixo a invitación a este evento , e tamén especialmente ós amigos de Protección Civil de Arteixo que nos axudaron a cargar o barco no remolque e nolo gardaron nas instalacións ata o día seguinte. Moitísimas grazas!!!!!!

Comentarios
Publicar un comentario
Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com