5ª e última regata da IX Copa Balbina - Entrega de trofeos
Mentras uns compañeiros facían demostración de carpintaría de ribeira en Pastoriza - Arteixo, outros desfrutábamos como ananos na última regata da IX Copa Balbina de embarcacións tradicionais a vela, que tivo lugar, como é habitual, frente á praia de Sada. Nesta ocasión foron oito as embarcacións que se deron cita ás cinco da tarde na liña de saída desta última regata. Dúas de Ares (Osorio e Capricho), unha de Perbes (Albatros) e cinco da flota patexeira (A Desexada, Canouro, Leliadoura, Halina a Meracha e Rabuda) A regata prometía pois esperábamos un verdadeiro desafío entre Albatros e Canouro rifando pola Copa. O Canouro iba primeiro na xeral pero ainda tiña que facer un descarte, e se non quedaba nos primeiros postos, a Copa podía pasar a máns da Albatros. Cun ventiño frouxo do Oeste que rolaba de cando en vez tomamos a saída. Albatros, A Desexada e Canouro tomábamos as primeiras posicións. O Canouro en seguida nos adiantou ós da Desexada, nesta ocasión con Carballei