Regata de embarcacións tradicionais de Ares

Un ano máis, e non faltamos ningún dende o 2009, fomos á Regata de embarcacións tradicionais de Ares, Memorial José Antonio Zárate.

Nesta edición, foron 3 os barcos da flota patexeira que se achegaron ata Ares, o Canouro, a Rabuda e A Desexada.


Moito vento na regata, que causou algún que outro susto, como o que levou o amigo Rogelio no seu María Xesús. Afortunádamente so foi iso, un susto e unha molladura


. Pero Rogelio non perdeu o sorriso.


 Aquí, a tripulación do Canouro recollendo o seu premio.



Trala asistencia a Ares, a clasificación da IX Copa Balbina queda como sigue:


BARCO PUNTOS
CANOURO 72
A DESEXADA 59
ALBATROS 54
RABUDA 49
ABUR 36
TREBÓN 29
BOAVENTURA 27
LELIADOURA 27
A FEITUCA 23
O CAPRICHO 20
ARXIL 20
HALINA A MERACHA 10
ARREDEMO 9
OSORIO 5
MARÍA XESÚS 5

Comentarios