IV Regata da IX Copa Balbina

Outro sábado máis, coma sempre a fin de mes, tivo lugar nas augas de Sada a IV Regata da Copa Balbina desta IX Edición.


 

O pasado día 26,  nove barcos se deron cita en Sada para participar nesta penúltima proba.

Antes de empezar a regata, chegaba por mar, como manda a tradición a Copa Balbina, que viña de Perbes para porse a disposición do gañador desta IX Edición.


Na primeira manga o Abur mostróuse intratable, como a meirande das veces, acadando a primeira praza.

Sorprendentemente, Osorio impúxose a barcos e tripulacións expertas en regatas quedando segundo, grazas ó seu know how.

Albatro e Canouro foron os seguintes en cruzar a liña de meta, seguidos da Rabuda, Leliadoura, Feituca e Meracha.

A Desexada, patroneada por Javi Naveira, e sen tripulación por ausencia do palmeirán decideu retirarse. Viña canso dunha viaxe e non estaba para regatear, según nos comentou máis tarde.

Na segunda manga, o Abur volveu repetir primeiro posto, pero por detrás as cousas cambiaron bastante.

Albatros aplicóuse e fíxose ca segunda praza. O Canouro tamén mellorou unha posición, relegando agora a Osorio á cuarta praza..


Sorprendente o quinto posto da Leliadoura, que debeu conseguir a mellor posición en todas as regatas nas que leva participado este ano. José Manuel e Dolores, non deixan de evolucionar.


Meracha tamén remontou ata o 6º posto, seguida da Rabuda.


Para A Feituca de Pablo Morán, este é un ano de aprendizaxe despóis de cambiar o aparello de cangrexa a relinga. O 8º posto foi para él. Para o ano, seguro que anda polas primeiras posicións.

A clasificación xeral queda como sigue:

BARCO PUNTOS
CANOURO 90
ALBATROS 74
A DESEXADA 64
RABUDA 62
ABUR 59
LELIADOURA 41
A FEITUCA 33
TREBÓN 29
BOAVENTURA 27
OSORIO 24
HALINA A MERACHA 21
ARXIL 20
CAPRICHO 20
ARREDEMO 9
MARÍA XESÚS 5



Comentarios