IV Regata da IX Copa Balbina
Outro sábado máis, coma sempre a fin de mes, tivo lugar nas augas de Sada a IV Regata da Copa Balbina desta IX Edición. O pasado día 26, nove barcos se deron cita en Sada para participar nesta penúltima proba. Antes de empezar a regata, chegaba por mar, como manda a tradición a Copa Balbina, que viña de Perbes para porse a disposición do gañador desta IX Edición. Na primeira manga o Abur mostróuse intratable, como a meirande das veces, acadando a primeira praza. Sorprendentemente, Osorio impúxose a barcos e tripulacións expertas en regatas quedando segundo, grazas ó seu know how. Albatro e Canouro foron os seguintes en cruzar a liña de meta, seguidos da Rabuda, Leliadoura, Feituca e Meracha. A Desexada, patroneada por Javi Naveira, e sen tripulación por ausencia do palmeirán decideu retirarse. Viña canso dunha viaxe e non estaba para regatear, según nos comentou máis tarde. Na segunda manga, o Abur volveu repetir primeiro posto, pero por detrás as cousa