Sobre as once da mañá, as duas tripulacións de A Desexada e do Canouro dábanse cita na rampa de Sada (lugar habitual de fondeo da flota patexeira). Como somos xente de costumes, costumes que convertimos en tradicións, e non hai que perdelas, ás doce comenzaban a chegar á cita os tripulantes. No Canouro Pepe e Jaime e na Desexada, unha nova tripulación formada polo Feituco e familia, Lidia e os dous cativos, Noa e Xoel. A xornada presentabase coma un dez para practicar a navegación. Un vento constante, o mar prácticamente un prato, pero non de sopa.. se non dos modernos, totalmente plano. O único inconvinte era a compoñente Norte, e ese era o rumbo que debíamos tomar. Saíron as dúas naves a bo ritmo, pero con rumbo inconstante. Contínuas viradas que facían a navegación tan fermosa como improductiva. Pouco avanzaban e casi corenta e cinco minutos despois ainda estaban a sobrepasar o porto de Sada. Como somos mariñeiros de pro, sabíamos que o m...