Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2017

1ª Regata da Copa Balbina 2017

Imaxe
O sábado 24 de xullo, xusto despóis dunha noite longa de San Xoán, tivo lugar, coma sempre, nas augas de Sada, a primeira regata da IX Edición da Copa Balbina de Embarcacións Tradicionais a vela. Un total de 8 barcos se xuntaron a iso das cinco da tarde para dar a saída. Na primeira manga, a Leliadoura chegou tarde por ter que achicar o barco e ó chegar ó campo de regatas non sabían como era o percorrido, co que o implacable xuiz Jaime marcóunos cun DNS. O Abur de Paco mantívose intratable, seguido do Canouro de Pepe e a Boaventura, patroneada nesta ocasión polo presi  Lucas. Cuarta foi a Rabuda, de Ramón, que fixo moi bo papel, vista a calidade dos contrincantes. Quinta chegou A Feituca de Pablo, co seu semper fidelis proel Pepelu. Sexto o Arredemo tripulado por Javi Aguado, Hugo e o novo socio Pablo Astray que foi probar as sensacións da Copa Balbina. A Desexada patroneada nesta ocasión por Ángel Guisano e con Naveira de proel, marcóuse un DNF ó no

San Xoán Patexeiro

Imaxe
Outro ano máis, e xa van ..... , en colaboración cos nosos amigos e socios loxísticos do C.N.R.S. celebramos unha estupenda noite de San Xoan. O San Xoan Patexeiro, como nós o denominamos é unha pequena festa para conmemorar a noite máis curta do ano, cos socios e amigos arredor dunha boa fogueira. Este ano a participación de Patexeiros foi en aumento. O mestre de cerimonias, coma sempre, o noso Jaime, ó que aquí vedes facendo a queimada, non sabemos se botando o esconxuro ou botando pestes. Os máis valentes atrevéronse a saltar a fogueira, e incluso a darse un baño a altas horas. O importante é pasalo ben todos xuntos. Ata o ano que vén. Palmeirán

EMPEZA A IX EDICIÓN DA COPA BALBINA

Imaxe
O vindeiro sábado 24 de xuño, mesmiño despóis da resaca do San Xoan e ainda cas sardiñas no estómago dará comenzo en augas de Sada a IX Edición da Copa Balbina de Embarcacións Tradicionais a Vela. A Copa Balbina é unha competición atípica xa que pretende fomentar a participación e a xuntanza das embarcacións tradicionais do Golfo Ártabro polo que ademáis de puntuar pola posición na regata premia a participación en distintas xuntanzas e concentracións que se realizan no Golfo Ártabro. Ahí vai o extracto do regulamento deste ano que non varía con respecto ó do ano anterior. EXTRACTO DO REGULAMENTO DA PROBA Calendario: 1ª Proba: Sábado 24 de xuño - Sada 2ª Proba: Sábado 29 de xullo- Sada 3ª Proba: Sábado 5 de agosto - Perbes 4ª Proba: Sábado 26 de agosto - Sada 5ª Proba: Sábado 30 de setembro - Sada 1. A Copa Balbina: A Copa Balbina de Vela Tradicional é unha proba creada pola A.C.M. Os Patexeiros e levada a cabo dentro do calendario de competición

Halina a Meracha

Imaxe
Sofía Casanova, unha periodista e escritora coruñesa, foi unha das grandes intelectuales da España de principios do século XX. Incluso foi nomeada para o premio Nobel de Literatura. Esta gran muller veraneaba habitualmente en Mera (Oleiros), e alí tivo unha filla á que lle chamou Halina, á que apodaba familiarmente como "a Meracha". O noso compañeiro patexeiro Francisco Javier Aguado Álvarez de Sotomayor, descendente de grandes navegantes, e gran enamorado de Mera, ese "paraíso para vivir", como él o chama, quixo honrar a memoria de Sofía Casanova e que mellor maneira que chamarlle á dorna que está restaurando "Halina a meracha". Entre él, o seu fillo e o tamén patexeiro Hugo, estiveron traballando estes últimos meses en poñer a punto a "meracha", como xa a coñecemos familiarmente. Finalmente xa está lista, e co seu folio pintadiño por unha artistaza como vedes neste pequeno vídeo. Estes días irá ó mar para estar lista p

Navegación astronómica????. Non. Gastronómica!!!! .

Imaxe
 Dende que empezamos a botar os barcos ó mar, o pasado 20 de maio, xa foron varias as navegacións que se levaron ó cabo cos distintos barcos. Un dos que máis saeu foi Ramóm ca súa Rabuda, unha fermosa dorna construída por Domingo Ayaso e aparellada con cangrexa e foque. Aquí, a Rabuda, con José Manuel a bordo. Tamén A Feituca, de Pablo, saeu en varias ocasións, sempre buscando esas caliñas tan íntimas que a él tanto lle gustan. Que vicio tén a criatura!!!! E tanto que se agacha, que nin unha imaxe del temos navegando e iso que os nosos satélites espía non paran. E A Desexada, que tamén está saindo cada fin de semán, normalmente patroneada por José Manuel, xa que a tripulación oficial (Naveira e o palmeirán) ainda non está ociosa,  e que se está convertindo na sede da Sociedade Gastronómica Patexeiros sen Fronteiras. Si, como vedes, aproveitan calqueira ocasión para invadir o barco con viandas, exquisiteces e todo regado con caldos elexidos por un experto soumiller.