Tira Vira.
O sábado pola maña quedamos en Sada ca intención
de montar un tiravira para amarrar a Boaventura, primeira dorna en sair
a navegar este ano.
Quedamos ás once da mañá na rampa de Sada, eu
mesmo, “O Feituco”, e Bruno, o novo patrón da Boaventura.
O vento sopraba do Sur, e a influenza da lúa facia que a auga se movera moi rápidamente.
Collemos a auxiliar da Desexada e comenzamos a
manobra. Antes, un cabo descontrolado petóume nun ollo deixándome
unha bonit cor vermella que luciréi por uns días.
Alí estaba o noso compañeiro Ramon, o patrón da Rabuda, quen ía a botar a súa dorna ó mar tamén ese día.
O que normalmente pode levar dez minutos, quince
sendo mui lento, levóunos casi corenta e cinco. O forte vento nos
levaba sen remisión, casi non podíamos bogar sin que os remos quedaran
preso nos lodos.
Cando rematamos, unha pequeña clase de cómo amarrar nun tiravira e como funciona para recuperar a embarcación do mar.
De alí funme a Lorbé, onde atopei a Lucas e a
Serxo, que está a arranxar o bote Reina (Arrecarallo project) para que este ano, por fin,
poida navegar co resto da flota patexeira.
Lucas preparaba o sistema de
achique da Balbina.
Máis tarde, ó ir instalalo nela, pequeño fiasco. Entre o porto e a Balbina a batería decidiu perder a carga, non sabemos
si por medo ou por disconformidad, o caso é que tivemos que voltar con
ela a cargala para probar, nas próximas xornadas, que non esté estropeada.
Falábamos do vento que facía, mui forte, do Sur, e
por tanto sucio. Esto significa que podes estar navegando de ceñida e
de supeto rolar o vento a un través e que che dea un bo susto en forma de
refacho.
Cando chegou Bruno, acompañado pola sua
tripulación, recomendámoslles meter un rizo á vela e tumbar o
pau da dorna, para que foran co menor trapo posible.
Eu persoalmente, non
as tiña todas conmigo de que aquela travesía fora axeitada para ese día ,
polas condicións e máis, se cabe, tendo en conta que a tripulación ó completo era a
primeira vez que embarcaba nunha dorna.
Como o “Palmeiran” me “Sr Morán, o prudente”,
e tendo alí a Lucas, un lobo da Ría da Coruña, cometéille a miña
inquedanza. Me dixo que él tamén andaba a darlle voltas si aquela
travesía era boa idea.
Falamos ca tripulación e decidiron seguir adiante
pese ás advertencias de que o día estábase a poñer difícil e as
previsións eran de que subiría ainda máis o vento.
Axudámoslle a poñer a dorna a punto para sair
directamente a Sada “Non querían facer ningún bordo”… ou polo menos
facer os menos posibles.
Aconsellámoslle intentar baixar a Sada
protexidos polas bateas de Carnoedo, ali o vento sería menor e estarían
moi preto da costa. Non querían entrar no campo de bateas por non ter
que facer bordos, xa que non estaban afeito a elo.
A travesía comenzou ben ata a primeira boia dos
pesqueiros amarrados en Lorbé. Alí xa non estaban á protección do vento e
sufrían das primeiras rachas.
Aproaban constantemente a dorna co risco
de que o vento os virara e puxera a vela a navegar á mala, o que sería bastante perigoso dado o forte vento.
Vixiámolos dende terra durante uns minutos máis, e despóis de
velos navegando para atrás, golpeados de través por refachos e ver que a
Boaventura non avanzaba, senon todo o contrario, decidimos ir a buscalos.
Saimos na chalana do estaleiro co noso motor Suzuki.
Cando chegamos xunto a eles, xa
baixaran a vela e intentaban voltar a porto a remos.
Amarramos a
embarcación e os trouxemos remolcados ó porto.
Vos preguntaredes por qué contamos hoxe isto
ultimo.
Somos unha asociación cultural marítimo fluvial. E a parte
cultural, significa cultura, cultura de mar.
Nas novas dos medios, estamos cansos
de escoitar naufraxios de autenticos expertos, incluso o ano pasado, un
dos mellores patróns de todo o Arco Ártabro mandou, por mala fortuna, a
súa buceta ó fondo do mar. Por sorte él non foi con ela e puido, días
despois, recuperala.
Os accidentes ocurren, as imprudencias non son o
mesmo.
A prudencia é a guía do bo mariño; coñecer as
propias limitacións, o estado do mar, do vento, como vai evolucionar, a
embarcación onde se navega, e ante calqueira duda, preguntar que por
regla xeral sempre hai consellos que escoitar. E ante a dúbida, estamos
para disfrutar do mar.. nunca para xogar con él.
Desoir consellos, pensar que se pode con algo que se descoñece, non é tan frecuente, pero ás veces, acaba en traxedia.
Hai máis días ca romarías, así que a decisión
máis valiente e intelixente e decir “Hoxe non o vexo claro!”, e
disfrutar dunha cervexa planeando a próxima xornada na que o vento e o
mar no conviden a pasar un bo día.
by Pablo o Feituco.
Comentarios
Publicar un comentario
Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com