Festa da botadura dos barcos
Este ano, por unha cadea de problemas de última hora, non pudo ser. Non pudemos botar os barcos ó mar o Día das Letras Galegas. Pero non quedou así o conto. Sen festa non íbamos quedar. Así que onte domingo empezamos a aparecer por Lorbé dende as 9 da mañán para ir baixando os barcos ó mar. Coma sempre, o primeiro en aparecer, un servidor, o palmeirán. Moitos xa pensan que durmo en Lorbé, porque ás veces non saio de alí. Ainda había que facer traballos de última hora na Desexada. Colocar a bomba de achique, os folios, unhas pezas para anclar os lazys, envergar a vela, etc.... Así que máns á obra. Logo chegaron Fernando e Miguel Marta, que irían de tripulantes tamén na Desexada, así que empezamos a repartir os traballos. Seguiron aparecendo patexeiros por Lorbé. Lucas, Chimpo, Pablo, Lidia, Dolores, José Manuel, Javier Aguado e Hugo. Unha chéa deles. Invasión patexeira en Lorbé. Tamén nos viñeron botar unha man, coma sempre, os amigos de Perbes, Anuska e Víctor que son