Siiiii, seguimos por aquí!!!!

E vós pensábades......

- Qué calados están estes patexeiros!!! E pecharían o chiringuito????
- Non se move nada por Lorbé nin por Sada !!!!

Mal pensados !!!!! Sí que estamos por aquí, pero estamos tan ocupados cos barcos e cos traballos de cada un que nin tempo temos a darvos a coñecer as novas, que son moitas.

Boaventurado sexa o Canouro.

Por unha banda, o noso socio Pepe o da Boaventura, vendeu a dorna..... Vendeu a Boaventura. Esa dorna que foi campeona da Copa Balbina e que da guerra en todas as edicións da Copa e xa van oito.

Pero non quedou sen barco, non!!!!

Este home sempre lle tivo gañas a un barco do Norte. Non quería baixar ca Boaventura ós Encontros das Rías Baixas porque decía....

- "Xa hai moitas dornas alá!!!! Para que vou levar eu a miña????
- O bo sería ir cun barco do Norte !!!

Pois xa o tén. O Canouro !!!!!


Si amigos, ese fermoso barco que con tanto orgullo patroneou o amigo Arturo durante tantos anos agora abandou a Ría de Ferrol para ter a súa base na Ría de Betanzos-Ares-Sada.

Despóis dun par de anos medio abandoado, sen sair ó mar, Pepe e Jaime estiveron traballando nel, ca axuda de Arturo e ahí o tedes, preparado para baixar ó Encontro de Combarro.


Bruno o da Boaventura.

Que pena nos daba que a Boaventura se fora da flota patexeira. Tanta pena nos dou que un dos nosos socios quedóuse con ela.



Así que si antes a Pepe lle chamábamos, Pepe o da Boaventura, agora do mesmo xeito Bruno será Bruno o da Boaventura.

Xa estivo pintándoa e preparándoa para a tempada de navegación.


Este sábado xa foi para inchar e hoxe mesmo iban a reflotala.


 Os merachos.

Na sección patexeira de Mera tampouco están quietos e os amigos Javier Aguado e Hugo traballaron arreo na nova dorna patexeira "Halina a meracha " para tela lista para botar ó mar.


Bueno, traballar non sei se traballaron ou traballou o fillo de Javier e eles comeron e beberon, porque a metade das fotos que pasaban era de comida. E o único que traballaba era o fillo.



Hoxe mesmo iban a baixala para inchar.



Quedou bonita. Logo virán os remates.


A Feituca cambia de peiteado.

Non estaría ben decir que A Feituca cambia e cara porque a cara non a cambia precísamente. Seguirá cas mesmas cores que ata o de agora.





O que cambiará será o peiteado, abandoará esa sacrílega vela cangrexa con foque para pasarse á vela de relinga.

Segúramente sexa porque Pablo quere baixar ó Encontro de Combarro ca Feituca e non quere que Uxío o meta na fogueira se o vé aparecer por aqueles lares cunha dorna con cangrexa.

Seguro que ademáis, Pablo nos deleitará con algunha outra sorpresa. E non me refiro sólo á pija serígrafía que lle fixo a todo o equipo.



Y tal y tal,,,,, y Talita!!!!

Tamén o amigo Chimpo acude de vez en cando a Lorbé a traballar na Talita, ese bote de 5 metros que trouxera de Cee.

O rapaz ten moitas ideas pero o traballo non avanza. A ver se consigue tela a punto para a Festa da botadura.

Os lacazáns da Desexada.

Por outra banda, Javi Naveira e un servidor "o palmeirán", tomámonos as cousas con tranquilidade. Faltan menos de 25 días para a Festa da botadura e ainda empezamos a rascar a Desexada este pasado sábado.

Tamén nos está botando unha man Pablo o Feituco, intentando facernos un novo foque para o barco, xa que o noso se queimara no incendio da Escola de vela de Sada e estivemos toda a tempada gorroneándolle uns foques pequenos ós amigos da Albatros de Perbes.


Como tiñamos tela dunhas vellas velas de cruceiro, alá imos a aproveitalas.

A ver se o aprendiz de veleiro nos fai un bo traballo. E se non queda ben, para o que vai cobrar, seguro que tamén nos vale.

Os demáis ...

E non queda aquí a cousa.

Temos un novo socio que xa está volcado en preparar a Reina, un bote das Rías Altas da Asociación para navegar con él este verán .

De momento está co traballo engorroso de rascalo e hai que botarlle a cuberta.

José Manuel e Dolores empezaban hoxe os traballos na Leliadoura, que só hai que rascala un pouquiño e arranxar un pequeno desperfecto no trancanil causado durante o remolque despois de volcar o ano pasado en Perbes nunha das regatas da Copa Balbina.

E a ser posible faranlle as táboas do plan.

A Balbina.

E a Balbina xa foi para o mar a primeiros deste mes.


O motor quedóuse no local de Lorbé para ser arranxado en seco.

E iremos traballando algo nela durante este verán.


Abreu un pouquiño nestes meses no carro, pero xa está inchando e casi non fai auga.




Bueno, pois seguimos a ello!!!!

by "o Palmeirán"


Comentarios