Traballos na Talita
O pasado domingo, dia 19 de febreiro, os nosos compañeiros Moncho, alias "Chimpo", e Pablo "O
feituko", achegáronse a traballar na Talita.
A Talita é un barco de 5 metros de eslora, de construcción por afeccionado, que foi rescatado de augas de Cee, onde o seu antigo dono a iba a utilizar como combustible, xa que se fixera con outra embarcación, ainda que prefería que alguén se fixera con éla, e esa vontade súa, foi a que consigueu que se salvara.
É unha pena que ísto suceda a diario, e dende eiquí vos recordamos que a un dos nosos fins como Asociación é o de manter estas belezas, propias da nosa cultura, millor no mar , que nunha leira ou no lume.
Neste caso, grazas ó noso socio Chimpo, que se decideu a traela e restaurala, incorporarase dentro de pouco a extensa flota patexeira.
A "Talita" atópase nun estado bastante bo ainda que fai falla traballar arreo nela.
Según nos contou o seu antigo propietario, adicabase á pesca recreativa, principalmente ás luras.
Tiña un motor intraborda, do que descoñecemos a marca, que se quedou por Cee, e agora comenzamos os traballos para reconvertila a vela.
O primeiro dos traballos que se acometeu foi retirarlle a sua cabina, xa que para vela íba a molestar.
Xa se fixera unha inspección previa do seu casco, e descubrimos con grande alegría, que éste apenas necesitaba de reparación.
O domingo comenzamos a descubrir a madeira. Así que coa axuda da rasqueta e dunha pequena radial, eliminamos a pintura da obra morta, e parte do patente para ver se agachaba algunha sorpresa.
Rematada a xornada chegamos á conclusión de que só precisa uns traballos de mantemento, tratar un pouco a madeira e voltala a pintar.
Chimpo anda con dúbidas nas cores, pero o arco iris, polo de agora, queda descartado.
Os traballos que nos quedan por diante son, lixar toda a cuberta e parte do casco, tratar e pintar, fabricar un novo temón e caña, así coma a arboladoura. Aparellará unha vela ó tercio e foque de construcción artesanal.
Moito traballo por diante, ísto só acaba de comezar.
Xa vos iremos contando como evoluciona, e por suposto, faremos unha gran reportaxe na súa botadura.
Pablo Morán
(foto do antigo propietario)

A que hora partides de Lorbe cara a Sada?
ResponderEliminar