Traballos na Talita
O pasado domingo, dia 19 de febreiro, os nosos compañeiros Moncho, alias "Chimpo", e Pablo "O feituko", achegáronse a traballar na Talita. (foto do antigo propietario) A Talita é un barco de 5 metros de eslora, de construcción por afeccionado, que foi rescatado de augas de Cee, onde o seu antigo dono a iba a utilizar como combustible, xa que se fixera con outra embarcación, ainda que prefería que alguén se fixera con éla, e esa vontade súa, foi a que consigueu que se salvara. É unha pena que ísto suceda a diario, e dende eiquí vos recordamos que a un dos nosos fins como Asociación é o de manter estas belezas, propias da nosa cultura, millor no mar , que nunha leira ou no lume. Neste caso, grazas ó noso socio Chimpo, que se decideu a traela e restaurala, incorporarase dentro de pouco a extensa flota patexeira. A "Talita" atópase nun estado bastante bo ainda que fai falla traballar arreo nela. Según nos contou o seu antigo propietario,