Patexeiros por Venecia
Como xa vai sendo habitual, cando un dos nosos socios viaxeiros andamos de rachí por algún dos países do noso mundo, sempre aproveitamos para sacar unhas fotiños ás tipoloxías de barcos desa zona.
Logo volos ensinamos a todos na nosa web e no caralibro.
Nesta ocasión, aproveitando a semán contínua de festas en decembro, o noso compañeiro Ramóm pasou por Venecia. Non, non iba recoller o premio de ningún festival, disque iba comprobar como escapaba Casanova pola ponte dos suspiros cando o marido de turno o perseguía.
E alá nos pasa unhas fermosas imaxes dos barcos tradicionais dese lugar único a onde todos deberíades ir polo menos unha vez na vida. Sí, igual que a San Andrés de Teixido.
Moita xente ten a idea de que alí só hai góndolas, así que como vedes nesta pequena reportaxe, hai outras tipoloxías..
Por suposto, a góndola é a máis representativa, por iso apenas nos pasou a foto de algunha.
Ainda que tamén os estupendos taxis que percorren a lagoa e as canles, que nos recordan moitas películas.
Tamén nos envía imaxes dun estaleiro tradicional.
Qué marabilla!!!. Non digades que estas construccións non merecen a pena ser conservadas????
Pois agora contádello ás nosas Administracións.!!!!
Ainda tivo tempo de visitar o Museo do Arsenal, onde podedes ver unha torpedeira de madeira.
Ou o iate de Vitorio Emmanuel II, un dos últimos Reis de Italia.
Tamén esta curiosa embarcación siciliana que nos trae recordos a unha dorna das nosas.
Espectacular esta embarcación a remos, moito máis estilizada ca os triremes romanos.
Ou estas outras....
Unha pena que non poidese visitar o museo naval por estar pechado.
O que temos claro e que o noso compañeiro non bebeu moito na súa visita a Venecia, vista unha das fotos que nos envía.

Comentarios
Publicar un comentario
Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com