5ª Xornada do Curso de carpintaría

Outro estupendo sábado máis de traballo no Curso de carpintaría, en Lorbé.




No día de hoxe, os alumnos seguiron facendo e colocando barraganetes no bote das Rias Altas.


Mentras, outro grupo acudía á Balbina onde o mestre Pepe lles daba unhas nocións de calafateado con fío de algodón e con cáñamo.


Logo os alumnos foron practicando sobre as táboas que botaran unhas xornadas antes.


Unha vez que todos viron a técnica do calafateado, volveron ó bote de prácticas para empezar a facer a plantilla do courel, que empezarán a botar para a vindeira xornada.


No descanso do curso, asistimos á botadura dunha pequena chalaniña que construeu Jacobo, o alumno de prácticas da Carpintaría Lorbé. Un rapaz que xa se mostrara interesado na carpintaría de ribeira na pasada edición do noso Curso de carpintaría de ribeira, ó cal non poidera asistir por mor da idade pero ó que si lle deixamos asistir como oínte.


Esperemos que siga adiante co seu interese e sigamos tendo novas xeracións de carpinteiros de ribeira.

Os alumnos, xa se van soltando e xa se atreven a usar a serra, sempre baixo a supervisión do mestre, e en pezas que non revistan problemas.


Hai outras, en cambio, que teñen prohibidas, como é o caso da cepilladora.




Comentarios