Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2016

Fin de ano nas Antípodas

Imaxe
Como xa ven sendo habitual, os amigos do CNRS (Escola de vela de Sada), saíron un ano máis o día de fin de ano pola mañán a celebrar navegando o comenzo do novo ano nas Antípodas. Como tamén vai sendo xa habitual, varios Patexeiros,  se acoplaron á expedición xa que tiñan mono de navegar. Imos a perdoalos por navegar ese día en barcos de plástico, xa que os nosos, os auténticos, están todos invernados, porque como sabedes, non temos onde deixalos no inverno. Como se vé nas fotos, o cava non faltou, e supoñemos que tamén tomarían as uvas. O que tampouco faltou foi o xa tradicional baño de Jaime, o Picapeixe, que pouco lle importa que a temperatura da auga esté a 15 ou a 12 graos. De qué terá feita a pel este home???? Para o ano, máis. Feliz ano!!!!

Prolongación extra no curso. Serán viciosos !!!!!

Imaxe
A pesares de que se ampliara unha semán máis o curso de carpintaría, os viciosos dos alumnos, conseguiron liar ó mestre para que lles dera media mañanciña máis de clase para poder rematar varios detalles no bote das Rías Altas no que estiveron traballando. Ben vos decimos que a carpintaría de ribeira engancha, e vaia se engancha, máis cá droga. E mentras algúns xa estábamos nas nosas casas, cas nosas familias, preparando a cea de Noiteboa, os viciosos alumnos alí estiveron co seu mestre facendo remadoiras e outras pezas e botando algunha peciña na cuberta. Non teñen remedio!!!!!! Iso, si, ainda que tiveran pinchada a semán anterior, volveron a repetir, serán lambóns !!!! Agora este fermoso bote espera que un dos nosos socios o apadriñe e remate o traballo. A ver se o podemos levar ó XIII Encontro, en Combarro !!!!

Remate da 6ª Edición do Curso de carpintaría de ribeira

Imaxe
Despois de 7 xornadas de intenso traballo, e algo de cachondeo, que senón o traballo faise moi aburrido, chegou ó seu remate esta 6ª Edición do Curso de carpintaría de ribeira e mantemento de embarcacións tradicionais, que levamos ó cabo en Lorbé. Para esta última sesión, os alumnos seguiron traballando no bote das Rías Altas. Remataron de facer as plantillas da sorraina, pasáronas á táboa e deixaron colocada a parte de babor. Logo empezaron a facer a da banda de estribor. Un dos alumnos xa se atreveu a frasquiar baixo a supervisión do mestre. Aquí vemos a Ángel e a Vicente cortando o sobrante dos barraganetes. Nestas imaxes vedes a Manuel rebaixando ca aixola a parte interior da sorraina co obxecto de que quede un espazo entre sorraina e barraganetes e poida evacuar a auga. Aquí, marcando os imbornais na táboa e logo cortándoos. Ó remate da sesión e para despedir a esta promoción agasallámolos cunha pinchada a base de tortillas, queixo, chourizos e bebidas var

6ª Xornada do Curso de Carpintaría

Imaxe
Este pasado sábado día 10 de decembro tivo lugar a 6ª sesión do curso de carpintaría de ribeira. De novo, o tempo acompañou e os alumnos volveron a traballar fora, ó soliño. Nesta xornada estiveron adicados por enteiro ó bote das Rias Altas. Fixeron varias pezas do courel, que xa tiñan marcada a plantilla da xornada anterior. Na banda de babor xa o cravaron ós barraganetes. Tamén xa fixeron a busarda, cravárona e lixárona ca radial para poñela a paño co caurel E por último escomenzaron a facer as plantillas da sorraina. Por suposto, marcándolle os imbornais típicos do Golfo Ártabro. Nun principio o curso tiña que rematar hoxe pero visto o entusiasmo que estaban demostrando os alumnos nos últimos días, tanto o mestre Pepe como Os Patexeiros , facendo un pequeno esforzo económico polas dúas partes, imos a agasallalos cunha última xornada adicional, na que ademáis de intentar rematar de poñer a sorraina e empezar a botar unhas táboas da cuberta, pod

Patexeiros por Venecia

Imaxe
Como xa vai sendo habitual, cando un dos nosos socios viaxeiros andamos de rachí por algún dos países do noso mundo, sempre aproveitamos para sacar unhas fotiños ás tipoloxías de barcos desa zona. Logo volos ensinamos a todos na nosa web e no caralibro. Nesta ocasión, aproveitando a semán contínua de festas en decembro, o noso compañeiro Ramóm pasou por Venecia. Non, non iba recoller o premio de ningún festival, disque iba comprobar como escapaba Casanova pola ponte dos suspiros cando o marido de turno o perseguía. E alá nos pasa unhas fermosas imaxes dos barcos tradicionais dese lugar único a onde todos deberíades ir polo menos unha vez na vida. Sí, igual que a San Andrés de Teixido. Moita xente ten a idea de que alí só hai góndolas, así que como vedes nesta pequena reportaxe, hai outras tipoloxías.. Por suposto, a góndola é a máis representativa, por iso apenas nos pasou a foto de algunha. Ainda que tamén os estupendos taxis que percorren a lagoa e as canles, que

5ª Xornada do Curso de carpintaría

Imaxe
Outro estupendo sábado máis de traballo no Curso de carpintaría, en Lorbé. No día de hoxe, os alumnos seguiron facendo e colocando barraganetes no bote das Rias Altas. Mentras, outro grupo acudía á Balbina onde o mestre Pepe lles daba unhas nocións de calafateado con fío de algodón e con cáñamo. Logo os alumnos foron practicando sobre as táboas que botaran unhas xornadas antes. Unha vez que todos viron a técnica do calafateado, volveron ó bote de prácticas para empezar a facer a plantilla do courel, que empezarán a botar para a vindeira xornada. No descanso do curso, asistimos á botadura dunha pequena chalaniña que construeu Jacobo, o alumno de prácticas da Carpintaría Lorbé. Un rapaz que xa se mostrara interesado na carpintaría de ribeira na pasada edición do noso Curso de carpintaría de ribeira, ó cal non poidera asistir por mor da idade pero ó que si lle deixamos asistir como oínte. Esperemos que siga adiante co seu interese e sigamos tendo novas x