Última da tempada. Barcos a terra.
O pasado oito de outubro foi a data elexida para recoller os barcos da Asociación e dar por rematada a tempada de navegación.
Aproveitando o
bo tempo decidiuse facer a última singladura do ano entre o porto de
Sada e o de Lorbé.
A Desexada patroneada por Chimpo e musicalizada por Lucas, quen se encargou de poñerlle banda sonora ó día co seu acordeón, A Leiladoura con Xavier Aguado e Xavier alias "o Brutanceiro", e A Feituca con Pablo e Jaime, facíanse ó mar sobre a unha e media da tarde.
Antes uns cafeíños para quentar o corpo e recollida do tiravira da Feituca.
Cunha lixeira brisa partían os tres barcos xuntos ó son da música do integrante dos Folkolicos. O compoñente nordeste do vento poñia ás embarcacions rumbo a Perbes coma querendo rendir homenaxe ós amigos que este ano custodian a Copa Balbina.
A Feituca facía o primeiro bordo e aproximábase de novo a Sada proa ó porto intentando gañar barlovento.
De seguido as embarcacións desfixeron o grupo e comenzaban a navegar intentando gañar o mar que viña de cara e o vento que o acompañaba.
En paralelo por ambas beiras da ría, uns mais preto das batéas de Carnoedo e outros xa visitando a Carboeira, ian en constante comunicación a traveso dos VHF.
Algúns non entenden que estes medios son para mensaxes curtos e non para ir de cachondeo uns cos outros... Dende eiquí pedimos disculpas pola parte que nos toca... pero ninguén nos quita as risas botadas.
O vento non quería darnos unha navegación directa, e ainda que ía crecendo e agasallándonos cunhas rachas que facían as delicias dos tripulantes, a dirección nunca era a desexada. Así A feituca pasaba Ares e costeaba rumbo a Ferrol. Namentres a Leiladoura e A Desexada achegábanse a Punta Celeiro coma queréndose despedir de todo o Arco Ártabro e de todos os que este ano participaron das diferentes actividades organizadas polos Patexeiros. Un xesto nobre á par que emocionante. Non así para os seus tripulantes que loitaban cun vento en role constante que facía que por momentos as embarcacións puxeran proa a Sada como querendo voltar.
Sobre as tres da tarde pareceu coma se o deus Eolo decidira que xa era suficiente e soprou do Norte facendo que tivéramos unha rápida navegación rumbo a Lorbé.
Para A Feituca, que avistaba o porto exterior de Ferrol, este vento veulle de perlas e cunha rápida empopada poñia rumbo á Balbina.
A Desexada e a Leiladoura, ó estar ainda protexidos pola costa non recibía o mesmo trato. Decidiron prender o motor e sair da encalmada na que se atopaban.
Unha vez saida dela, a todo trapo e ás carreiras chegaron á Balbina.
Tocaba xantar e beber. O que non sabíamos era que na Desexada tiveron problemas de abastecemento. Viñan xa pelados de comida. Chimpo non quixo facer declaracións...
Na Leiladoura, a mesma situación pero neste caso o que misteriosamente desapareceu foron as cervexas... Logo atoparíanse os corpos do delito en forma de cadáveres de lata no fondo da embarcación.
Durante o xantar, música, comida, bebida e bailes improvisados.
Cando nos iamos, por aquelo do que dirán, baldeamos a cuberta do noso barco insignia.
E as gaivotas sobrevoando anunciaban que ían seguir ca súa labor de facerlle esa bonita pintura de camuflaxe que tan ben saben facer....
Xa a motor, os tres barcos foron directos á rampa do porto de Lorbé.
Non sen dificultadesse subimos os tres barcos. Dificultades que foron superadas evidentemente, somos Patexeiros!!!!
No porto quedaban xa para invernar a Leliadoura e A Desexada.
A Feituca voltou ó seu fogar de inverno en Mera. Este é o problema que temos todos os anos cos barcos ó non poder dispoñer de amarres axeitados no Porto de Sada.
Agora comenza a preparación das embarcacións para a vindeira tempada de navegación, e devolverlles con mimo todos os bos momentos que vivimos grazas a elas, que foron moitos e moi variados.
Algunha escapadiña faremos nas que quedan no mar (a Boaventura, e o Arredemo), se o tempo nolo permite.

Comentarios
Publicar un comentario
Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com