Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2016

6ª Edición do Curso de carpintaría de ribeira. Comenzo: 5 de novembro

Imaxe
O sábado día 5 de novembro empeza a 6ª Edición do Curso de carpintaría de ribeira. Ainda nos quedan tres prazas vacantes, así que se estades interesados, facede a inscrición antes do xoves día 3 de novembro. INFORMACIÓN BÁSICA DO CURSO O cupo, estará limitado a 18 asistentes.  Non se levará adiante se non hai un mínimo de 15 alumnos . - As inscricións serán por rigurosa orde de chegada ó noso correo patexeiros@hotmail.com   - Os cursos serán impartidos por carpinteiros de ribeira profesionais. - Haberá unha pequena parte teórica e moita, pero moita práctica. - Como obxectivo deste curso, e debido á pouca duración do mesmo, nesta edición daránse uns conceptos básicos de cómo se empeza a construcción dunha embarcación tradicional, e se quitará unha caderna sobre o taboeiro, pero sobre todo, o curso centrarase en cómo afrontar reparacións básicas que un usuario se pode atopar no seu barco, como sustitucións de banzos, cadernas, barraganetes, caureis, tranca

Última da tempada. Barcos a terra.

Imaxe
O pasado oito de outubro foi a data elexida para recoller os barcos da Asociación e dar por rematada a tempada de navegación. Aproveitando o bo tempo decidiuse facer a última singladura do ano entre o porto de Sada e o de Lorbé. A Desexada patroneada por Chimpo e musicalizada por Lucas, quen se encargou de poñerlle banda sonora ó día co seu acordeón, A Leiladoura con Xavier Aguado e Xavier alias "o Brutanceiro", e A Feituca con Pablo e Jaime, facíanse ó mar sobre a unha e media da tarde. Antes uns cafeíños para quentar o corpo e recollida do tiravira da Feituca. Cunha lixeira brisa partían os tres barcos xuntos ó son da música do integrante dos Folkolicos. O compoñente nordeste do vento poñia ás embarcacions rumbo a Perbes coma querendo rendir homenaxe ós amigos que este ano custodian a Copa Balbina. A Feituca facía o primeiro bordo e  aproximábase de novo a Sada proa ó porto intentando gañar barlovento. De seguido as embarcacións desfixeron o grupo e

Intentámolo de novo: 6º Curso de carpintaría de ribeira

Imaxe
Pois volvémolo a intentar, a ver se desta pode ir adiante a 6ª edición do Curso de carpintaría de ribeira e mantemento de embarcacións tradicionais. INFORMACIÓN BÁSICA DO CURSO O cupo, estará limitado a 18 asistentes.  Non se levará adiante se non hai un mínimo de 15 alumnos . - As inscricións serán por rigurosa orde de chegada ó noso correo patexeiros@hotmail.com   - Os cursos serán impartidos por carpinteiros de ribeira profesionais. - Haberá unha pequena parte teórica e moita, pero moita práctica. - Como obxectivo deste curso, e debido á pouca duración do mesmo, nesta edición daránse uns conceptos básicos de cómo se empeza a construcción dunha embarcación tradicional, e se quitará unha caderna sobre o taboeiro, pero sobre todo, o curso centrarase en cómo afrontar reparacións básicas que un usuario se pode atopar no seu barco, como sustitucións de banzos, cadernas, barraganetes, caureis, trancanís, etc... Tamén veremos nocións de calafateado tradicional