Rematou a VIII edición da Copa Balbina
Onte sábado, a pesares deses ventos de 25 e 30 nós que nos pronosticaban todos os partes meteorolóxicos para a tarde do sábado, celebramos a última regata da VIII edición da Copa Balbina de embarcacións tradicionais a vela.
Adiantamos a regata ás 16:30 porque nos daban moita auga a partires das 20:00 horas.
Moitos patróns estaban indecisos de sair ou non, pero como a esa hora non sopraba forte vento, o noso anemómetro daba 9 nós, os máis atrevidos dixeron "saímos!!!" e alá foron todos os demáis detrás.
De Ares achegóuse o María Jesús con tres tripulantes, que eses sí que colleron a surada na travesía e nos dixeron que nunca paparan tantos salseiros.
De Perbes, coma sempre, chova, vente, neve ou faga un calor sahariano, chegou a dorna nai Albatros, ca súa tripulación habitual.
Por parte dos Patexeiros saíron as habituais A Desexada, A Feituca, Boaventura, Leliadoura e estrenóuse a Rabuda, a nova dorna da flota patexeira.
Como foi habitual esta tempada, a regata se fixo a dúas mangas de dúas voltas a un triángulo.
Na saída da primeira manga, Boaventura, A Desexada e Albatros colleron un pouco de ventaxa sobre os demáis, o vento rolaba contínuamente e había que andar buscándoo a cada momento.
Albatros empezou a remontar e enseguida dou caza á Desexada.
A Rabuda sorprendeu a toda a flota pola súa lixereza, remontaba posicións con facilidade e enseguida se puxo de terceira. Nas manobras tiña algún que outro problema ó levar só ó patrón, sen tripulante, e ahí perdía un pouquiño, pero logo volvía a remontar.
Á primeira boia chegamos toda a flota moi xunta, semellaba que a regata iba a estar moi pelexada. A orde era, Albatros, Feituca, Boaventura, Rabuda, Desexada, María Jesús e Leliadoura.
Mentras todos poñían rumbo leste dereitos á segunda boia,, A Desexada cunha táctica arriscada intentaba buscar o vento alongando o rumbo sur-suroeste, ceñindo ó rolante vento. Non saeu ben e perdeu unha posición, a favor do María Jesús.
Volvemos a chegar bastante xuntos á segunda boia. O vento empezaba a decaer.
Agora en empopada dirixíanos á terceira boia.
A falta de vento mermaba ós barcos máis pesados e favorecía ás dornas, máis lixeiras. Albatros cas súas grandes velas empezaba a distanciarse, a Feituca poñíase en segundo lugar, a Boaventura tiña problemas e perdía posicións pero enseguida volveu a remontar seguida da Rabuda que no primeiro largo da segunda volta parecía que levaba motor. Moito anda esta dorna!!!!
O resultado da 1ª manga foi: Albatros, A Feituca, Boaventura, María Jesús, A Desexada e Leliadoura. A Rabuda foi descalificada por entrar por fora da boia, unha mágoa pois nese momento entraría en cuarta posición.
A segunda manga foi un calco da primeira pero con menos vento. A Desexada, Boaventura e Albatros saíron moi ben e no primeiro largo houbo unha pugna entre os barcos, máis chegando á primeira boia, A Desexada volveu a tomar rumbo SO para intentar gañar vento e volvéuse a equivocar, pois todos os demáis barcos colleron rumbo dereitos á segunda boia e volveron a pasar por diante.
Na segunda volta desta segunda mangaa o vento caía ainda máis e rolaba a cada minuto, facendo tolear ós patróns que intentaban buscalo. Albatros poñíase de primeiro e A Feituca colleu unha boa racha e pegou un empurrón distanciándose bastante dos demáis barcos. A Rabuda colóuse na terceira praza, Boaventura pelexaba ca Desexada pola cuarta praza e de novo, A Desexada volveu a tomar un rumbo equivocado e volveu a perder posicións. A Leliadoura, seguía o rumbo da Desexada, pero en cambio achegábase máis á Desexada.
A Boaventura no último largo consigueu pasár á Rabuda e finalmente a orde de chegada foi similar á primeira manga, ca excepción de que agora sí, a Rabuda entrou por dentro da boia.
Albatros, A Feituca, Boaventura, Rabuda, María Jesús, A Desexada e Leliadoura.
Logo da regata, na churrascada que organizamos para pechar a tempada de regatas e concentracións, os patróns dos barcos que viñeran de fora, comentáronnos que eles si sufriran a surada e lles costara chegar a Sada.
O Osorio, que non estivo presente na regata pero sí viñeron os tripulantes por terra a acompañarnos, comentáronos que cando estaban chegando a Sada, fallóulles o motor e rompéulles varias pezas do barco, co que víronse obrigados a dar volta para Ares.
Cando xa estábamos comendo o churrasco, pechóuse todo de golpe e empezou a chover coma se se acabara o mundo, e choveu e choveu, pero nós seguíamos ca festa baixo un toldo improvisado, e asando o churrasco cun paraugas.
Fixemos un sorteo de agasallos, nos que todos os barcos levaron algo, e procedéuse á entrega de premios.
O terceiro clasificado na xeral foi A Desexada.
Segundo clasificado e sorpresa desta edición da Copa Balbina foi A Feituca. O seu patrón, Pablo Morán xa nos advirteu que para o ano seguirá pelexando por conseguir levarse a Copa.
E o vencedor da VIII edición da Copa Balbina de embarcacións tradicionais a vela foi a dorna nai Albatros, que levará a Copa para Perbes por segunda vez.
Debido á intensa choiva e a que non se vía nada co chaparrón, a dorna Albatros e o bote María Jesús tiveron que pernoctar en Sada.
Ó día seguinte, a Copa Balbina, facía a súa singladura por mar, como manda a tradición, rumbo a Ferrol, onde será custodiada durante todo un ano pola tripulación da Albatros.
Parabéns ós gañadores desta edición!!!! Desfrutade da Copa.
Queremos dar as grazas a todos os barcos e tripulacións que participaron nesta edición da Copa Balbina, ós habituais de todas as edicións e ós que viñeron por primeira vez, así como a todos os que cos seus barcos participan nas distintas concentracións de embarcacións tradicionais que teñen lugar no noso país, porque grazas a eles mantéñense vivas estas fermosas embarcacións e esta marabillosa afección.
Grazas ós noso colaboradores, ó Concello de Sada polo seu apoio, ós técnicos de Cultura e deportes, ó C.N.R.S polo seu apoio loxístico un ano máis, e xa van oito. Grazas tamén a Marina Sada por cedernos desinteresadamente, cando os precisamos, os amarres necesarios. Agradecerlle a Altavela polos detalles que tivo con nós e a Forja Picado de Betanzos por facernos unhas reparacións de emerxencia de maneira desinteresada.
Seguro que nos queda alguén a quen darlle as grazas, porque afortunadamente ainda hai xente que colabora de forma desinteresada con pequenas asociacións como a nosa.
Agora, descanso para os patróns e tripulacións que xa están cabilando como mellorar os barcos para a vindeira edición.
Vémonos na IX Edición da Copa Balbina!!!!

CLASIFICACIÓN XERAL | |||
BARCO | PUNTOS | TRAS DESCARTES | |
ALBATROS | 92 | 88 | |
A FEITUCA | 70 | 70 | |
A DESEXADA | 64 | 64 | |
OSORIO | 49 | 49 | |
BOAVENTURA | 46 | 46 | |
LELIADOURA | 46 | 46 | |
ABUR | 31 | 31 | |
ARXIL | 23 | 23 | |
RICHI | 20 | 20 | |
MARÍA JESÚS | 17 | 17 | |
ARREDEMO | 15 | 15 | |
LOLA | 12 | 12 | |
RABUDA | 9 | 9 |
Queremos dar as grazas a todos os barcos e tripulacións que participaron nesta edición da Copa Balbina, ós habituais de todas as edicións e ós que viñeron por primeira vez, así como a todos os que cos seus barcos participan nas distintas concentracións de embarcacións tradicionais que teñen lugar no noso país, porque grazas a eles mantéñense vivas estas fermosas embarcacións e esta marabillosa afección.
Grazas ós noso colaboradores, ó Concello de Sada polo seu apoio, ós técnicos de Cultura e deportes, ó C.N.R.S polo seu apoio loxístico un ano máis, e xa van oito. Grazas tamén a Marina Sada por cedernos desinteresadamente, cando os precisamos, os amarres necesarios. Agradecerlle a Altavela polos detalles que tivo con nós e a Forja Picado de Betanzos por facernos unhas reparacións de emerxencia de maneira desinteresada.
Seguro que nos queda alguén a quen darlle as grazas, porque afortunadamente ainda hai xente que colabora de forma desinteresada con pequenas asociacións como a nosa.
Agora, descanso para os patróns e tripulacións que xa están cabilando como mellorar os barcos para a vindeira edición.
Vémonos na IX Edición da Copa Balbina!!!!
Comentarios
Publicar un comentario
Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com