Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro, 2016

Rematou a VIII edición da Copa Balbina

Imaxe
Onte sábado, a pesares deses ventos de 25 e 30 nós que nos pronosticaban todos os partes meteorolóxicos para a tarde do sábado,  celebramos a última regata da VIII edición da Copa Balbina de embarcacións tradicionais a vela.   Adiantamos a regata ás 16:30 porque nos daban moita auga a partires das 20:00 horas. Moitos patróns estaban indecisos de sair ou non, pero como a esa hora non sopraba forte vento, o noso anemómetro daba 9 nós, os máis atrevidos dixeron "saímos!!!" e alá foron todos os demáis detrás. De Ares achegóuse o María Jesús con tres tripulantes, que eses sí que colleron a surada na travesía e nos dixeron que nunca paparan tantos salseiros. De Perbes, coma sempre, chova, vente, neve ou faga un calor sahariano, chegou a dorna nai Albatros, ca súa tripulación habitual. Por parte dos Patexeiros saíron as habituais A Desexada, A Feituca, Boaventura, Leliadoura e estrenóuse a Rabuda, a nova dorna da flota patexeira. Como foi habitual esta tempada, a reg

Subida a Betanzos - I Xuntanza de embarcacións tradicionais

Imaxe
Sí, xa volo dixéramos, que íamos subir ata Betanzos cos barcos este sábado 17. Para iso liamos ós amigos da sección de navegación tradicional do Clube Náutico de Ares e ós compañeiros da Asociación de Amigos das Embarcacións Tradicionais de Galicia ("os da Coruña", para o resto dos mortais).  Sí, é certo, somos os que máis lío montamos agora mesmo no Arco Ártabro, e intentamos liar a todos os demáis, e ás veces ata o conseguimos. Dende Sada saíron 4 embarcacións da armada patexeira: A Feituca, A Desexada, Arredemo, Boaventura e Rabuda. Hai, carallo, que son 5 !!!!!! Só era para saber se estábades atentos ó que aquí contamos. En total, 14 tripulantes patexeiros. Dende o espigón da Coruña saía ás 9 da mañán o galeón Punta Pragueira con cinco tripulantes, tres deles patexeiros en tránsito ós que esperaban as súas embarcacións en Sada, máis dous deles quedáronse enrolados no galeón. Dende Ares saía o Richi cas súas fermosas velas verdes, que semella o Alexander

Parrocheira 2016 - operación abortada!!!

Imaxe
O pasado sábado día 10, A Desexada e A Feituca dende Sada, con cinco patexeiros a bordo, o galeón Punta Pragueira dende A Coruña, e a buceta Osorio dende Ares, poñían rumbo a Ferrol pola mañán para asistir a que ata fai dous anos era unha concentración de embarcacións tradicionais e emblemática nas Rías Altas, a Parrocheira. A mañán despertóuse con ceos cubertos, néboa e choiva. Non se sabía cento por cento se os amigos de Ferrol iban a facer algo, pero ainda así, alá iban, dispostos a navegar. Dende o whatsapp chegaban novas desalentadoras, comentaban os compañeiros que non ían a facer nada. Os primeiros en chegar a Ferrol foron o Punta Pragueira e Osorio, que comunicaban que alí non había nada. A Desexada, e A Feituca,  pouco antes xa cambiaran de rumbo e voltaban a Sada. Chegando ó amarre dixeron, "e por qué desaproveitar o día de navegación????" Embarcaron todos na Desexada e puxeron proa á Ponte do Pedrido, animados por un deles para dar un rule pol

3ª Regata da Copa Balbina

Imaxe
O pasado sábado 27 de agosto regateamos de novo frente á praia de Sada, na que foi a 3ª Regata da VIII Edición da Copa Balbina de embarcacións tradicionais a vela. A tarde prometía, bo tempo, sol e un ventiño estupendo. Oito barcos de distintas tipoloxías e aparellos xuntáronse na liña de saída desta 3ª Regata.: A Desexada, A Feituca, Abur, Albatros, Arxil, Leliadoura, Lola e Osorio. Na saída da primeira manga, coma sempre, moi atentos saíron,  Arxil, Albatros, A Feituca e Abur con outro rumbo. O Abur deseguida se distanciou e empezou a sacar ventaxa. A Desexada na segunda boia rompeu a ferraxe do temón, tendo que abandoar a regata. O resultado da primeira manga foi: Abur, Arxil, A Feituca, Albatros, Lola, Osorio e Leliadoura. Un estupendo resultado para A Feituca que consigueu por fin impoñerse nunha manga á Albatros. Algo tería que ver ese trinquete novo made in feito na casa que se currou Pablo para a ocasión. Na segunda manga, a saída foi moi semellante á