Gran Premio de Embarcacións Tradicionais de Perbes

O pasado sábado día 6 de agosto, acudimos un ano máis ó Gran Premio de Embarcacións Tradicionais de Perbes, que este ano cumpleu a súa 3ª Edición, e que con un gran traballo, organizan os amigos do Club Marítimo de Perbes.


As previsións meteorolóxicas daban, para a hora da regata, unha nordestada con refachos de ata 20 nós, pero ainda así alá fomos con 4 barcos da flota patexeira: A Desexada, A Feituca, Boaventura e Leliadoura, e nada menos que con 8 tripulantes patexeiros.

A singladura ata Perbes fíxose cun ventiño suave, que non facía prever tanto vento pola tarde.

Nada máis chegar, algúns patexeiros xa se tiraron pola borda, pois apetecía con tanto calor


Comemos alí mesmo, no muelle de Perbes, á sombriña.


Logo pisamos a fervente area da praia e fomos tomar café, mirindas e chupitos ó bar da praia.


Pola tarde, novo baño da tripulación e listos para embarcar.

Ó empezar a regata xa botamos de menos a Osorio, máxime cando dixera que iba a asistir, e Pepe é home de palabra.

A regata foi un triángulo olímpico, a Boaventura saía de primeira seguida da Albatros, Desexada de terceira, e logo Feituca e Leliadoura. O Trasno e a Punta Coitelada non tomaron a saída e mantivéronse fora do campo de regatas.

A Boaventura tivo problemas na primeira boia, sendo rebasada pola Albatros que xa non perdería esa posición, a Desexada pasaba segunda.

Ó entender polo VHF que a illa da Fesa se tomaba por fora, A Desexada tomaba ese rumbo, e ainda que se ía moito máis rápido polo forte vento que sopraba fora, a distancia era moito máis, co que foron adiantados pola Boaventura que tomou a Fesa por dentro. A Feituca, vendo o rumbo da Desexada optou por seguila e tamén tomou a Fesa por fora.

Ó remate da primeira volta, dámonos conta que a Leliadoura volcara e estaba entre augas, sendo remolcada pola lancha do comité e os dous tripulantes, Ramón e Javi Aguado eran levados a terra pola moto de salvamento. Parece ser que ó ir tan escorados, lles empezou a entrar auga polos corredores, seguiron mantendo escota e cando se deron conta a auga xa era demasiada e foron a pique.


A Desexada veuse metida no medio do remolque e tivo que variar o rumbo e deixar por babor á lancha do comité é a Leliadoura remolcada, facendo unha distancia adicional e sendo adiantada pola Feituca. Nese momento as posicións eran Albatros, Boaventura, A Feituca e A Desexada.



Tamén tivo un pequeno fallo virando a boia da praia, co que a distancia aumentaba, pero o patrón Naveira empezou a cazar escota e ceñir a tope e demos pasado á Feituca antes de chegar á boia da Fesa.

De novo, pensando que a regata se desenvolvía por fora da Fesa, colleron ese rumbo, mentras todos os demáis barcos facían o largo por dentro da Fesa.

O resultado final foi: Albatros , Boaventura, A Desexada e A Feituca.


Nada máis chegar ó fondeo xa vimos reflotada a Leliadoura de novo, so houbo que lamentar uns pequenos desperfectos nun costado ó ser arrastrada por encima dunhas pedras ó ser remolcada.

O subir ó muelle recibimos unha chamada dende Ares notificándonos que o barco Osorio, con Pepe e o neto Brais, sufriran uns fortes refachos de vento e os fixo naufragar cerca da praia de Ver, rematando co barco no fondo do mar, e sen danos persoais.






















O Osorio foi reflotado dous días despóis e xa participou na regata de Ares do seguinte fin de semán.


Todo un logro para eses dous experimentados tripulantes e que demostran a cerna do que están feitos.

Despois de recoller os premios e tomar os pichos, voltamos para Sada.

Tripulación da Desexada

Travesía sen vento, que nos obrigou a usar o motor na Desexada, remolcando á Leliadoura ata que á altura de Miño empezou a soprar unha brisiña que nos levou ata Sada. A Boaventura foi a vela todo o tempo, e A Feituca un pouco a remos e logo xa a vela.

Chegamos a Sada xa ca noite encima.


Próxima cita, o sábado 13 en Ares.

Comentarios