Regata de embarcacións tradicionais de Ares
Unha semán despóis de asistir á regata de Perbes, outro nutrido grupo de patexeiros asistiron á regata de embarcacións tradicionais de Ares. Nada máis e nada menos que 8 tripulantes: Chimpo, Javi Naveira, Pepe, Jaime, Pablo, José Luis (Pepe), Javi Aguado e Ramón. De novo, catro barcos patexeiros: Boaventura, A Feituca, Arredemo e A Desexada fixeron a singladura de Sada a Ares para participar nesta regata de Ares. A expedición chegou con pouco vento e xa algo de néboa, que se mantería ó longo de toda a xornada. Coméuse a carón do porto. Moi boa asistencia de barcos, da gusto ver tantos barcos xuntos. Unha vez rematada a regata, houbo que marchar para Sada, sen vento ningún. A dorna Albatros remolcou a uns barcos e A Desexada a outros. Chegóuse xa de noite. Próxima cita, a terceira regata da Copa Balbina en Sada, o vindeiro sábado 27 de agosto.