Resumo da IV Xuntanza
Pois xa rematou esta IV Xuntanza. Resumindo decir que houbo unha lixeira mellora na participación con respecto a anos anteriores, pero ainda así non se logrou unha aceptable participación de barcos do Golfo Ártabro, co que xa nos estamos replantexando se a organizaremos para o ano ou non
Pasa o de sempre, a xente quéixase de que non se fan cousas, pero logo cando se fán, non participan nelas. Hai ducias de barcos tradicionais no Golfo Ártabro e sempre somos os mesmos os que imos ós eventos, pero qué pasa cos demáis????? Non se moven dos amarres ?????
Os Patexeiros procuramos asistir ás concentracións que se fan polo Norte, e incluso baixamos ó Sur ás veces, para intentar manter viva esta estupenda afección polas embarcacións tradicionais.
Sabemos que no Sur, nas Rías de Muros, Arousa, Pontevedra e Vigo, hai moita oferta de actividades, regatas, concentracións, etc... e incluso ás veces se pisan as convocatorias e todas teñen xente, pero qué nos pasa no Norte? Cada quén que recapacite.
Con respecto a esta IV Xuntanza Patexeira de embarcacións tradicionais decir que contou ca participación de 9 barcos: a dorna Albatros de Perbes, o Osorio e o Richi de Ares, e A Feituca, A Desexada, Boaventura, Arredemo, Leliadoura e Lagarta de Sada.
Uns estuveron nos pantaláns que nos cedeu desinteresádamente, coma todos os anos Marina Sada, e outros estiveron fondeados xusto enfrente do mercado mariñeiro para ter máis visibilidade.
O sábado pola mañán fixemos a recepción dos barcos participantes e colocamos os da Asociación frente ó mercado mariñeiro.
Algúns xa aproveitaron para dar unha voltiña esa mesma mañán, a pesares do pouco vento.
Despóis dunha copiosa comida a base de ensalada de pasta, tortillas e empanadas, cas que agasallamos ós participantes, sobre as 5 da tarde saímos a navegar todos os barcos.
Acompañamos á procesión do Carme e sobre as 20:30 uns barcos foron voltando ós seus amarres , mentras que outros xa emprendían a singladura rumbo ós seus portos de orixe por ter compromisos ó dia seguinte.
Nesta saída da tarde, agradecer a participación de membros de outras Asociacións amigas, (Lajareu por Barlovento e Mascato), ós que deixamos un barco para sair a navegar con nós.
Ó longo do día, na nosa carpa tivemos á disposición d@s nen@s os nosos xogos habituais sobre a pesca sostible, a nosa zona de exposición e de ventas. Estivemos proxectando nunha pantalla documentais sobre as embarcacións tradicionais e pola noite proxectamos nunha vela de relinga imaxes sobre a vida pasada de Sada, que por momentos, congregaba a ducias de persoas ollando os seus recordos.
Pola noitiña, houbo sardiñas, tortillas e ensalada de pasta para todos os participantes e amigos.
O domingo tamén saímos a navegar pola mañán e pola tarde.
Agradecer a colaboración do Concello de Sada e especialmente a do técnico de Cultura, Marcos, que estivo pendente de todo ó longo de todos estes días. Agradecer a Marina Sada que nos cedera os amarres un ano máis, e agradecer a todos os participantes e sobre todo ós que viñeron de fora, pasar con nós estas xornadas.
Vémonos en Redes.
Comentarios
Publicar un comentario
Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com