Resumo da 1ª proba da Copa Balbina

O pasado sábado día 25 de xuño tivo lugar, coma sempre, frente á praia de Sada, a primeira proba da VIII Edición da Copa Balbina de embarcacións tradicionais a vela.

Pouca asistencia a esta proba, posíblemente debido ás fortes rachas de vento que superaron os 20 nós, que desanimaron a moitos habituais a participar.

Foto de Xurxo Lobato
Tan só catro barcos se deron cita á hora acordada para tomar a saída, a sempre fiel dorna Albatros de Perbes, o incombustible Osorio, a nosa Desexada e a Leliadoura. A Boaventura estaba lista para sair pero por falta de tripulación quedóuse no fondeo.

Foto Albatros

A proba estaba prevista para dúas mangas de dúas voltas, pero xa na primeira manga a Leliadoura , tripulada por Javi Aguado e Dolores, rompeu a antena da súa vela latina e tivo que volver a terra.


O Osorio, tripulado por Pepe e o seu neto Brais,  tamén tivo moitos problemas, xa que lle entraba moita auga e non pudo rematar a manga cando iba terceiro.

Foto de Xurxo Lobato
A Desexada, tripulada por Jaime, Jorge e Xurxo rematou segunda non sen percances, porque rompeu un cacho da regala onde levaba o tolete do lazy.

Albatros, como xa nos ten acostumbrados, quedou en primeira posición. Nesta ocasión, iba tripulada por Marta, Anuska e Jose. Botamos de menos a Víctor.

Vistos os problemas que sufriron os barcos, e como so quedaban dous, decidéuse suspender a segunda manga, polo tanto a clasificación queda da seguinte maneira.

1º - Albatros: 5 puntos por asistencia + 4 polo posto obtido = 9 puntos
2º - A Desexada: 5 + 3 = 8 puntos
3º - Osorio: 5 puntos por asistencia (non puntuou por resultado ó non finalizar a manga)
4º - Leliadoura: 5 puntos por asistencia (non puntuou por resultado ó non finalizar a manga).

Ó rematar a proba, tiñamos preparada unha pequena merendiña a base de sardiñas que nos prepararon Francisco, Silvia e Rober.


A vindeira cita será o sábado día 16 de xullo na IV Xuntanza Patexeira de embarcacións tradicionais, que non será competitiva pero os barcos participantes na Copa Balbina teñen a oportunidade de conseguir 10 puntos por participación.

Vémonos o sábado 16 e o domingo 17 en Sada.






Comentarios