Barcos no mar

O pasado 17 de maio, Día das Letras Galegas, coma todos os anos, botamos os nosos barcos ó mar, ou polo menos a primeira tanda deles.


Sobre as 11 da mañán dun estupendo día, chegaba dende Betanzos o bote dos Caneiros O Bicho, que traía remolcado ó Galeón, o bote polbeiro das Rías Altas, que estubo restaurando o socio Javi Naveira en Betanzos.

Ainda lle faltaba por botar a cuberta, pero él dixo que estaría para a festa da botadura, e tras baixar polo Río Mandeo, pasar baixo a ponte do Pedrido e enfilar proa a Sada,  alí estaba con él. Home de palabra.

En terra, estivemos rematando de pintar A Desexada, dando os últimos retoques na Boaventura, e tamén chegaba sobre as 13 horas o Arredemo, todo preparadiño para a tempada.


Non nos dou tempo a pintarlle a cuberta á Desexada porque senón non poderíamos navegar ese día nela porque mancharíamos a roupa dos domingos, así que xa se pintará outro día.

Como sempre, atopámonos con inconvintes, a Desexada é un barco pesado e romperon as rodas do carro de varada, así que veña, todos a botar unha man para baixala ó mar!!!!!! ,  co tradicional sistema dos roletes.


A Leliadoura tamén estaba lista para a botadura, despois de estar inchando ó longo de tres días. Despois de achicala, lista para arbolar e navegar.



Baixamos tamén o bote auxiliar da Desexada, que nos facilita os desprazamentos ós barcos. Deixámolo ben pintadiño, pero un problema na estampa de popa impidéunos usalo a motor, así que foi a remos.

En canto chegaron a maioría dos socios e familias, alá nos fomos a comer a bordo do Bicho, fondeados frente á praia de Sada.



Pola tarde, arranchamos os barcos e saímos a dar unha voltiña a vela ata a altura de Perbes. A primeira navegación conxunta da tempada.


Acompañáronnos neste día, os amigos de Perbes: a familia Carballo-Santos, Víctor e Anuska, e tamén Antonio Rumbo e familia en representación dos Amigos das Embarcacións Tradicionais da Coruña, e Brais e José Osorio dende Ares. Moitas grazas por achegarvos ata aquí e axudarnos a arranchar os barcos.


Despois da navegación, pinchada e cervexas, coma toda festa patexeira que se preze.



Este ano non tivemos gaiteiros, recortes no orzamento para festas, así que nos tivemos que conformar ca música enlatada, iso sí, sempre música galega.



Empeza a tempada de navegación.!!!!!!





Comentarios