Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2016

Mantemento dos remolques

Imaxe
Esta fin de semán toca facer mantemento dos remolques da Asociación. Dentro de pouco temos que empezar a facer traslados da flota e os remolques deben estar en condicións. Empezamos polo pequeno que temos para trasladar as dornas. Fai uns días, xa o estivo rascando e dándolle unha man de pintura o talibán Nogueira e descubrimos unhas pequenas perforacións por óxido que compría arranxar. Parecía que iba preparado para un ataque NBQ. Aquí, o Palmeirán pasándolle a rebarbadora para preparar a superficie a soldar. McGyver Naveira armado de electrodo procede a soldar a pletina de reforzo. Cortando outra pletina.

Evolución da Betty

Imaxe
Mañán chuviosa en Lorbé. Alí seguimos traballando na Betty, a ver se a damos alistado para o empece da tempada. Esta combinación de beige Patexeiros ca madeira vista das cadernas, gústanos a todos. Levamos xa varias xornadas rascando, quitando pintura, dando alquitrán, saneando en xeral. Tanto fomos saneando que quitamos máis cadernas das que tíñamos pensado nun principio e agora hai que repoñelas. Estámoslle facendo novas moitas pezas. Vai lento pero de seguro que o barco vai quedar moi reforzado. O palmeirán rascando, lixando, saneando e pintando e Javier Naveira sacando prantillas,  facendo e asentando as cadernas, estamos levando ó cabo un traballo estupendo, modestia aparte. Non somos profesionais pero facemos o traballo con cariño, e iso nótase.  Hoxe xa asentamos catro pezas e mañán continuaremos asentando o resto das que temos feitas e cravándoas. Antes de colocalas, como non, unha manciña de Xylamón fondo. Logo tamén levarán alquitrán, por suposto. X