Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2016

AMPLIADO PRAZO DE PREINSCRICIÓN NO 6º CURSO DE CARPINTARÍA

Imaxe
Debido á lentitude na preinscrición desta 6ª Edición do Curso de Carpintaría de ribeira, imos a prorrogar dúas semáns máis a mesma. Co que a data prevista de inicio do curso sería o sábado 12 de marzo. Se para o xoves 10 de marzo non se cubre o cupo mínimo veríamonos na obriga de pospoñer esta 6ª Edición ata mellores tempos. Recordade : INFORMACIÓN BÁSICA DO CURSO O cupo, estará limitado a 18 asistentes.  Non se levará adiante se non hai un mínimo de 15 alumnos . - As inscricións serán por rigurosa orde de chegada ó noso correo patexeiros@hotmail.com   - Os cursos serán impartidos por carpinteiros de ribeira profesionais. - Haberá unha pequena parte teórica e moita, pero moita práctica. - Como obxectivo deste curso, e debido á pouca duración do mesmo, nesta edición daránse uns conceptos básicos de cómo se empeza a construcción dunha embarcación tradicional, e se quitará unha caderna sobre o taboeiro, pero sobre todo, o curso centrarase en cómo afronta

6ª Curso de Carpintaría de ribeira e mantemento de embarcacións tradicionais. - PREINSCRICIÓN

Imaxe
Outro ano máis e atendendo ás vosas demandas abrimos a preinscrición para a 6ª edición do Curso de carpintaría de ribeira e mantemento de embarcacións tradicionais. INFORMACIÓN BÁSICA DO CURSO O cupo, estará limitado a 18 asistentes.  Non se levará adiante se non hai un mínimo de 15 alumnos . - As inscricións serán por rigurosa orde de chegada ó noso correo patexeiros@hotmail.com   - Os cursos serán impartidos por carpinteiros de ribeira profesionais. - Haberá unha pequena parte teórica e moita, pero moita práctica. - Como obxectivo deste curso, e debido á pouca duración do mesmo, nesta edición daránse uns conceptos básicos de cómo se empeza a construcción dunha embarcación tradicional, e se quitará unha caderna sobre o taboeiro, pero sobre todo, o curso centrarase en cómo afrontar reparacións básicas que un usuario se pode atopar no seu barco, como sustitucións de banzos, cadernas, barraganetes, caureis, trancanís, etc... Tamén veremos nocións de calaf