Empezando a traballar nos barcos
De cara á vindeira tempada de navegación, que iniciaremos oficialmente o 17 de maio, Os Patexeiros xa estamos empezando a traballar en varios barcos, para telos a punto nesa data.
Como xa vos comentamos varias veces, temos que ter a flota desperdigada por distintos sitios por non contar cun local onde telos todos ivernados.
Por unha banda, en Betanzos, Javi Naveira está preparando o Galeón, un bote das Rías Altas do noso socio Francisco.
Como a Naveira a cabeciña nunca lle para, para que non lle chova nin na cabeza nin no bote, decideu subir o Galeón a bordo do Novo Rumbo para poder traballar a cuberto. E como a este home lle encanta estar a bordo dun barco, sexa no río ou no mar, así tamén traballará ó mesmo tempo que está embarcado, mata dous paxaros dun tiro.
O Galeón xa o empezáramos a restaurar na Feira dos Oficios Artesás de Sada, desfacendo a cuberta podre e empezando a botar os baos novos.
Agora Javi empezou a sanealo todo, (medo nos dá cando este home fala de sanear, porque sanea a fondo) e a primeira fase foi decapar toda a pintura para aprezar danos nas táboas.
E pola outra banda en Lorbé, outro dos nosos socios, Javier Aguado, empezou a traballar na dorna de recente adquisición.
Tamén empezou a rascar a cuberta para ver o seu estado.
De momento ainda é cedo para ver o traballo que hai que facer pero xa se atopou con algunhas partes podres,como o taco da popa, e algunhas zonas da cinta.
A seguir saneando.

Comentarios
Publicar un comentario
Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com