Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2016

Empezando a traballar nos barcos

Imaxe
De cara á vindeira tempada de navegación, que iniciaremos oficialmente o 17 de maio, Os Patexeiros xa estamos empezando a traballar en varios barcos, para telos a punto nesa data. Como xa vos comentamos varias veces, temos que ter a flota desperdigada por distintos sitios por non contar cun local onde telos todos ivernados. Por unha banda, en Betanzos, Javi Naveira está preparando o Galeón, un bote das Rías Altas do noso socio Francisco. Como a Naveira a cabeciña nunca lle para, para que non lle chova nin na cabeza nin no bote, decideu subir o Galeón a bordo do Novo Rumbo para poder traballar a cuberto. E como a este home lle encanta estar a bordo dun barco, sexa no río ou no mar, así tamén traballará ó mesmo tempo que está embarcado, mata dous paxaros dun tiro. O Galeón xa o empezáramos a restaurar na Feira dos Oficios Artesás de Sada, desfacendo a cuberta podre e empezando a botar os baos novos. Agora Javi empezou a sanealo todo, (medo nos dá cando este home

Adquisición de motores foraborda para as embarcacións.

Imaxe
O pasado mes de decembro recibimos os dous motores foraborda que mercamos para equipar as embarcacións da Asociación. Ata o de agora, cando tíñamos que asistir a concentracións de embarcacións tradicionais na outra banda da Ría, en Ares, Perbes e Redes tíñamos que contar sempre con condicións de mar e vento favorables porque sempre íbamos a vela, e temos pasado apuros e incluso nalgunha ocasión tivemos que dar volta debido á ausencia de vento ou a non poder chegar polo forte vento en contra. Asimesmo, cando tíñamos que ir á Parrocheira en Ferrol, víamonos na obriga de liar a algún amigo que tivera motor para que nos remolcara os barcos e poder entrar entre castelos pola boca da Ría de Ferrol. Grazas á axuda dunha subvención da Deputación da Coruña poidemos equiparnos con dous motores Suzuki de 6 CV para poder levalos nos barcos que vaian ás distintas concentracións da Ría e tamén cando vaiamos a outras rías. Tamén nos será útil cando saiamos a navegar e t

Reportaxes en El Entorno Metropolitano

Imaxe
Pechamos o mes de decembro e o ano 2016 cunhas pequenas reportaxes en El Entorno Metropolitano, concrétamente nos números 202 e 203 do mes de decembro.