Resumo da última regata da Copa Balbina 2015 e entrega de premios.
O pasado sábado 10 de outubro organizamos en Sada, a última regata da VII Edición da Copa Balbina de embarcacións tradicionais a vela. Este evento daría por pechadas as nosas actividades no mar durante este ano 2015.
As malas previsións do tempo fixeron que non acudira ningún barco de fora. Dende aquí pregamos ós medios de comunicación que cambien as súas previsións meteorológicas por espacios do tarot porque acertan máis ou menos o mesmo.
Ó final tivemos unha tarde estupenda na que so chispeou uns 5 minutos e disfrutamos dun sol estupendo. O vento, iso si, pouco. Só nos dou para facer unha volta da primeira manga.

Únicamente tres barcos da flota patexeira participaron na regata: A
Leliadoura con Víctor e Jose, o Arredemo tripulado polos tres tenores,
perdón, os tres Javieres (Aguado, Cobelo e Naveira). -Ainda que vista a
falta de vento un deles abandoou a regata en marcha para ir a por
cervexas-. E A Desexada tripulada por Anuska, Mar, Dolores e o palmeirán.
Tras a decisión dos xuices de dar por finalizada a proba na primeira volta da primeira manga por mor da falta de vento, entraron a Leliadoura de primeira, A Desexada de segunda e o Arredemo de terceiro.
A clasificación final da Copa Balbina non sufreu variacións:
Primeiro clasificado e gañador da VII Copa Balbina, o Abur, de Redes. Segundo clasificado a dorna nai Albatros, de Perbes. Terceiro clasificado o bote Arxil, de Ares.
Una vez rematada a regata fixemos a entrega de trofeos e da Copa no bar Covadanca, acompañados duns estupendos pinchos.
Alí estivo Paco o patrón do Abur, que veu por terra, recollendo o seu trofeo e a Copa Balbina, que terá que custodiar ata a vindeira edición. Iso sí, recordarlle que o habitual é que o gañador da Copa a veña recoller por mar.
Tamén a semper fidelis tripulación da Albatros ca excepción da armadora Marta Santos Rodriguez que desta nos cambiou polo ioga, pero xa sabe que non nos enfadamos con ela.
Botamos de menos nesta última regata a moitos amigos que veñen asiduamente e que desta, uns por mor das previsións meteorolóxicas e outros por estar dando conta das viandas nunha voda, non nos poideron acompañar. Pero recordade que nas festas dos Patexeiros nunca se pasa fame.
Vémonos na VIII edición da Copa, para a que algunhas tripulacións xa están empezando a traballar nos seus barcos.

Relevo na Copa, o patrón da Albatros entrega a Copa Balbina ó patrón do Abur.
Comentarios
Publicar un comentario
Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com