Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro, 2015

URXENTE: ANULADA A REGATA DE SETEMBRO DA COPA BALBINA

Imaxe
Por solidaridade cos compañeiros do CLUB NÁUTICO RECREATIVO DE SADA, que colaboran con nós en todos os eventos que facemos, sobre todo na Copa Balbina, CANCELAMOS A REGATA DESTE SÁBADO 26 DE SETEMBRO DA COPA BALBINA. A nave da Escola de Vela do CNRS ardeu esta noite perdéndose todo o que había nela. Sentímolo moitísimo, é como se fora nosa, e estamos cos compañeiros do CNRS que sempre fixeron moitos esforzos por ter unha escola de vela en condicións e de nivel.

Fin de semán atarefado para Os Patexeiros

Imaxe
Esta fin de semán imos a estar moi liados pechando a tempada de navegación. Por unha banda estaremos presentes os días 25, 26 e 27, no Mercado do Mar do Festival Mar de Mares, cun stand nos xardíns de Méndez Núñez da Coruña. E por outra, este sábado 26 daremos por concluída a VII Edición da Copa Balbina, ca última regata deste verán onde se decidirán o campión da Copa, que terá que custodiala ata o vindeiro ano que se poña en xogo, e os segundos e terceiros. Despóis da regata faremos a entrega de premios e agasallos e serviremos unha merenda-cea ós tripulantes dos barcos participantes. Vémonos esta fin de semán en calqueira das dúas ubicacións. Palmeirán

Resumo da Regata de agosto da Copa Balbina 2015

Imaxe
O pasado sábado 29 de xuño organizamos nas augas de Sada a regata de agosto desta VII Edición da Copa Balbina de embarcacións tradicionais a vela. Nesta ocasión fomos 10 as embarcacións que nos concentramos ás 5 da tarde fronte á rampa de servizo do CNRS.    O Abur e Sauntress de Redes, o Osorio, Arxil, Alivanta e Lola de Ares, Albatros de Perbes e A Desexada, A Feituca e o Arredemo da flota patexeira de Sada. Unha excelente participación para unha tarde cunha climatoloxía estupenda. A regata estaba establecida a dúas mangas de dúas voltas cada unha a un campo de regatas cas boias situadas a barlovento - sotavento. Na saída da primeira manga, o Arxil tomou a dianteira, seguido polo Abur que en seguida remontaría ata a primeira posición que xa non abandonaría en toda a manga. O terceiro en sair foi a dorna Albatros seguida de A Feituca, Sauntress, Lola, Alivanta, Osorio, Arredemo e A Desexada. Varios barcos tiveron problemas nas viradas próximas á  boia de b

Resumo do verán: Xuntanza Patexeira, Gran Premio de Perbes e Concentración de Ares

Imaxe
Despóis da participación no XII Encontro de Embarcacións de Cabo da Cruz a mediados de xullo, e da órganización da Xuntanza Patexeira unha semán despóis, o que aquí escribe acabou un pouco cansado e colleu unhas boas vacacións, polo que non vos mantiven informados, a traveso desta web, das actividades que fixemos durante o resto do verán,  ainda que si o fixen a traveso do noso facebook. Agora xa algo menos saturado e máis descansado vou a facer un pequeno resumo. Como víchedes na entrada anterior, o 18 e 19 de xullo celebramos a nosa III Xuntanza Patexeira de Embarcacións Tradicionais. Un evento que xa tiñamos convocado dende primeiros de ano no calendario Federativo. Celebrámolo sempre nestas datas para que coincida ca Feira Mariñeira e as festas do Carme de Sada. Se en anos anteriores a choiva e a falta de vento mermaron a participación de barcos neste Xuntanza, neste ano foi precísamente o forte vento, e sobre todo a coincidencia ca Regata de Embarcacións Tradicionais d