O Abur lidera a Copa Balbina

O pasado sábado disputóuse en augas de Sada, a primeira das regatas desta VII Edición da Copa Balbina.
Foto de Xurxo Lobato

O Abur, de Redes, patroneado por Francisco Varela, impúxose nas dúas mangas. Parece ser que á dorna Albatros de Perbes, lle saeu un serio competidor.



1ª Proba 27XUÑO
BARCO TRIPULACIÓN 1ª MANGA 2ª MANGA ASISTENCIA
A DESEXADA Dolores/Cármen DNF DNF 2
A FEITUCA Pablo/Javier C. 4 4 2
ABUR Francisco/Marisa 7 7 2
ALBATROS Jose/Anuska/Marta 6 5 2
ARREDEMO Javier A./Javier A. Jr. 2 3 2
BOAVENTURA Lucas/Jaime 5 6 2
OSORIO Pepe Torrente 3 2 2

Na segunda praza están empatados a puntos a dorna nai Albatros e a Boaventura, que se alternaron as posicións nas dúas mángas. Na primeira manga, Albatros entrou de segunda, e na segunda manga foi a Boaventura tripulada por Lucas e Jaime, a que colleu esa posición.

A Feituca  con Pablo Morán e o debutante Javier Cobelo, afianzáronse coa cuarta praza nas dúas mangas, pasando a ocupar o terceiro posto da xeneral.

No cuarto posto tamén temos empate, pois o mestre incombustible Pepe do Osorio, e Javier Aguado e fillo, tripulando o Arredemo tamén se alternaron as prazas nas dúas mangas.

  Foto de Xurxo Lobato

Na quinta praza da xeral, quédase A Desexada, tripulada nesta ocasión por dúas rapazas ben guapas, Dolores e Carmen, que tiveron a mala sorte de que se lles soltase un dos pernos do temón, e quedaron sen governo, puntuando só cos puntos otorgados por asistencia á proba.

CLASIFICACIÓN XERAL

BARCO PUNTOS
TRIPULACIÓN
ABUR 16
Francisco Varela, Marisa Naveiro
ALBATROS 13
Jose, Marta, Anuska
BOAVENTURA 13
Lucas Santolino/Jaime Paz
A FEITUCA 10
Pablo Morán/Javier Cobelo
ARREDEMO 7
Javier Aguado/Javier Aguado Jr.
OSORIO 7
Pepe Torrente
A DESEXADA 2
Dolores Vázquez/Cármen

Recordade que podedes conseguir dous puntiños máis por asistencia á Xuntanza Patexeira do vindeiro 18 de xullo.








Comentarios