Arranca a Copa Balbina 2015
Este sábado, 27 de xuño ás 17:00 horas dará comenzo a VII Edición da Copa Balbina de Embarcacións Tradicionais a Vela.
EXTRACTO
DO REGULAMENTO DA PROBA
Calendario:
1ª Proba: Sábado 27 de
Xuño
2ª Proba: Sábado 29 de Agosto
3ª Proba: Sábado 26 de Setembro
Proba Extraordinaria
puntuable:
Este ano puntuará de novo para a Copa Balbina a Regata de Perbes
Gran premio de Embarcacións Tradicionais “Homenaxe os carpinteiros de ribeira”
Gran premio de Embarcacións Tradicionais “Homenaxe os carpinteiros de ribeira”
Organizada polo Club
Marítimo de Perbes o 1 de Agosto
1. A Copa Balbina:
A Copa Balbina de Vela
Tradicional é unha proba creada pola A.C.M. Os Patexeiros e levada a
cabo dentro do calendario de competicións de vela do C.N.R.S.
Dispútase en augas de Sada.
Este ano puntuará tamén
para a Copa a Regata de Perbes
2. Características dos
barcos participantes:
A Copa Balbina e unha
proba aberta a todo tipo de embarcacións tradicionais de madeira con propulsión
a vela, independentemente da súa tipoloxía, aparello ou eslora.
Ó ser unha proba que
pretende fomentar máis a participación e a reunión de embarcacións
tradicionais no Arco Ártabro, que a competición en si mesma,
admítese a participación de embarcacións con certas modificacións
estructurais para adaptalas ós tempos actuais ou feitas en parte con
materiais “modernos” (epoxis, fibra de vidrio, etc...), sempre e
cando a súa propulsión sexa a vela tradicional (vela de relinga,
vela latina, etc...). E tamén se admitirán embarcacións
tradicionais de madeira con adaptación a aparello moderno (snipe, etc...) Este
punto someterase sempre ó criterio da A.C.M. Os Patexeiros.
3. Inscricións:
Será obrigatoria a
inscrición dos participantes, ven sexa con anterioridade,
comunicándoo ó correo patexeiros@hotmail.com
ou ben no mesmo momento da participación, comunicándollo á
Organización, CNRS ou Patexeiros.
4. Percorrido da proba.
O percorrido de cada proba
desta edición 2014 da Copa Balbina será o indicado pola
organización en cada regata da mesma no momento da saída. En cada
proba disputaránse 2 mángas que puntuarán individualmente (non se
fará a media das mangas).Tamén no momento da saída se especificará
se se fan dúas mangas ou unha manga sóa, dependendo das condicións
climatolóxicas. Ainda que intentaremos sempre que en cada unha das
probas se disputen as dúas mangas.
5. Horarios para probas
disputadas en Sada:
NA
RAMPA DE SERVIZO DO CNRS ÁS 16:00 HORAS
SAÍDA
DA PRIMEIRA MANGA ÁS 17:00 HORAS
AVISOS:
VARIOS PITIDOS
1º
SINAL: 5 MINUTOS E BANDEIRA AMARELA
2º
SINAL: 4 MINUTOS
3º
SINAL: 1 MINUTO
4º
SINAL: SAÍDA E BAIXADA DE BANDEIRA AMARELA
SEGUNDA
MANGA: EN CANTO ENTRE O ÚLTIMO VÓLVENSE A DAR OS AVISOS.
O horario para a proba
extraordinaria de Perbes será o que dictamine a Organización do
Club Marítimo de Perbes, que en un principio a ten fixada para as
17:30 horas.
6. Responsabilidade:
Todos os participantes na
Copa Balbina de vela tradicional farano baixo o seu propio risco e
responsabilidade.
Recoméndase ós
participantes a tramitación do Cartón de Navegante da FGCMF que
polo módico prezo de 10 Euros anuais da cobertura de accidentes ó
titular do mesmo.
A Organización recorda ós
participantes a obriga de levar a bordo o equipamento regulamentario
de salvamento así como a documentación regulamentaria esixida polas
autoridades marítimas.
A Organización poñerá
polo menos unha embarcación de asistencia para atender ás
embarcacións en caso de problemas.
A Organización resérvase
o dereito de suspender a proba no caso de que estime que as
condicións meteorolóxicas poidan supoñer un risco para os
participantes.
7. Sistema de
puntuación:
O sistema de puntuación
por manga, para a Copa Balbina 2014 estará definido da seguinte
maneira:
O primeiro clasificado
levará tantos puntos como embarcacións teñan participado, o
segundo levará un punto menos, o terceiro un menos ca o segundo, e
así sucesívamente ata o derradeiro que levará 1 punto.
NOVIDADE NA PUNTUACIÓN: Ademáis para que os barcos descalificados non se vaian de vacío, nesta VII edición puntuarán con 2 puntos adicionais, por asistencia a cada unha das regatas da Copa Balbina (incluída a Regata Extraordinaria de Perbes ) todos os barcos que tomen a saída. Independentemente de que sexan descalificados.
- Establécese unha única categoría de embarcacións.
- Cada manga puntuará por separado e ó final sumaranse os puntos conseguidos por cada embarcación nas dúas mangas.
- No caso de se ter que suspender unha das mangas debido ás condicións meteorolóxicas ou outra situación de risco, a puntuación final considerarase a da outra manga, se se tivera disputado.
- A Regata extraordinaria de Perbes puntuará do mesmo xeito cas 4 probas habituais da Copa Balbina disputadas en Sada, estando a expensas de que a Organización do Club Marítimo de Perbes decida facer unha ou dúas mangas na regata.
- Das 4 regatas puntuables, cada patrón/barco pode facer un descarte, que pode elexir aquel no que non poida participar ou no que tivese peor puntuación. Para competir en igualdade de condicións un descarte será obrigatorio.
- Os descartes serán por regata, queremos decir con isto que se un patrón descarta unha das regatas e ésta se fixo a dúas mangas, descartaranse as puntuacións das dúas mangas disputadas nesa regata
- A efectos de fomentar e premiar a participación nas Concentracións de embarcacións tradicionais do Arco Ártabro, sumaranse 2 puntos adicionais na clasificación xeral ó barco/tripulación por asistencia ás seguintes Concentracións de Embarcacións Tradicionais do Arco Ártabro. (Enténdese 2 puntos por cada unha das concentracións ás que asista)
Concentración de Ares
III Xuntanza Patexeira de Embarcacións Tradicionais -
Sada
Concentración de Redes
Parrocheira de Ferrol
8. Premios
Ó rematar todas as probas
puntuables para a Copa Balbina, entregaranse trofeos ós tres
primeiros barcos clasificados. Ademáis o barco gañador será o
herdeiro por un ano da Copa Balbina que se lle entregará nun acto
aparte, unha vez se lle faga e coloque a praca que identifique o nome
do gañador, e a custodiará no sitio que él considere máis
representativo ata poñela en xogo na vindeira edición.
9. Outras
consideracións:
Os participantes dan a súa
autorización expresa á publicación das fotografías que se
realicen durante a proba e que poderán ser publicadas nos medios
dixitais da A.C.M. Os Patexeiros (blog e facebook) ou outro medio que
a Organización considere.
A Organización resérvase
o dereito de modificar este resumo de normas da proba. Calqueira
modificación anterior á celebración das probas será posta en
coñecemento dos participantes con anterioridade á saída polos
medios que se estimen convintes.
Calqueira controversia ou
desputa entre participantes será analizada e resolta polo
xuiz/xuices en consulta coa Organización.
Advírtese expresamente
que non se pode navegar por diante da liña de saída cando falte un
minuto ou menos para a saída, podendo dar lugar, esta acción, á
desclasificación da embarcación.
As viradas faranse sempre
deixando a boia por babor. Penalizarase ca reducción de 5 puntos ó
patrón/barco que non a tome corréctamente.
Calqueira outro punto que
non esté recolleito neste regulamento será tratado no momento que
surxa polo comité de regata. Sendo a súa decisión inapelable.
Comentarios
Publicar un comentario
Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com