Rematou a 5ª Edición do Curso de Carpintaría de ribeira

Todo o bó se acaba. Iso pensan  os  18 alumnos desta 5ª Edición do Curso de carpintaría de ribeira e mantemento de embarcacións tradicionais.


O pasado sábado levamos adiante a última xornada do curso.

Nesta ocasión tocóulles meter un quillote á buceta Leliadoura, construída nas edicións anteriores.


Estiveron preparando as pezas, que se uniron a medio raio de xúpiter.


Logo fixeron varios furados para meter uns tornillos pasantes ata a sobrequilla e fixar o quillote.


Tiveron que avellanar tamén para que a cabeza dos tornillos quedara aloxada dentro do quillote.


Remataron cedo, e levaron o barco para o taller patexeiro onde se rematará para botala ó mar dentro dunhas semáns, con motivo da festa da botadura.


O mestre agasallóunos cunha tremenda merendola.


A impresión xeral é que todas as partes quedaron moi contentas desta edición. Tanto os alumnos, como o mestre e como non os organizadores, Os Patexeiros.

Temos que destacar o grande interese que notamos en todos os alumnos desta edición. A grande acollida que tuvo entre eles este curso, o activos que estiveron en todo momento e o ben que fixeron un traballo que moitos só coñecían polos libros.

Queremos dar as grazas a todos por participar nesta 5ª Edición, e esperamos vervos a algúns de vós na vindeira edición, para a que buscaremos algún novo proxecto interesante no que traballar.


Por suposto, darlles tamén as grazas ós mestres David e como non a Pepe, o noso anfitrión, que colaborou coma nunca para que esta edición fose un éxito e a toda a empresa Carpintaría Lorbé por acollernos un ano máis.

Que non se perda este bonito oficio.

Viva a carpintaría de ribeira!!!!!. Carpintaría de ribeira viva!!!!!!!

Comentarios