Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2015

II Festa da botadura - Día das Letras Galegas 2015

Imaxe
Onte, domingo, día 17 de maio, fixemos a nosa particular celebración do Día das Letras Galegas botando os barcos ó mar e dando por empezada a tempada de navegación. Ó longo das pasadas semáns estivemos apurando os traballos para ter os barcos listos nesta data. O sábado xa levábamos para Sada as dúas dornas, A Feituca e a Boaventura.  E o domingo tocóulle a quenda á Leliadoura, que se unían así a Arredemo e Desexada que xa se atopaban en Sada. A ritmo de música do acordeón do compañeiro Lucas, estivemos rematando a preparación para botalos ó mar. Aliñados todos na rampa, e a ritmo da pandeireta de Eva, que nos deleitou cunhas muiñeiras, empezaron a ir os barcos ó mar. O primeiro que tocou o mar, foi o bote das Rías Altas, Arredemo, que chegou ó fondeo xusto para afundir para inchar. Siguéulle a dorna A Feituca que como vedes nas fotos, quedou coma nova despóis dos traballos de lixado, pintado e reparación que fixo Pablo nela. Tocóulle o turno

Rematou a 5ª Edición do Curso de Carpintaría de ribeira

Imaxe
Todo o bó se acaba. Iso pensan  os  18 alumnos desta 5ª Edición do Curso de carpintaría de ribeira e mantemento de embarcacións tradicionais. O pasado sábado levamos adiante a última xornada do curso. Nesta ocasión tocóulles meter un quillote á buceta Leliadoura, construída nas edicións anteriores. Estiveron preparando as pezas, que se uniron a medio raio de xúpiter. Logo fixeron varios furados para meter uns tornillos pasantes ata a sobrequilla e fixar o quillote. Tiveron que avellanar tamén para que a cabeza dos tornillos quedara aloxada dentro do quillote. Remataron cedo, e levaron o barco para o taller patexeiro onde se rematará para botala ó mar dentro dunhas semáns, con motivo da festa da botadura. O mestre agasallóunos cunha tremenda merendola. A impresión xeral é que todas as partes quedaron moi contentas desta edición. Tanto os alumnos, como o mestre e como non os organizadores, Os Patexeiros. Temos que destacar o grande interese que nota