Sexta xornada no curso de carpintaría

Despóis do parón de dúas semáns por mor da Semán Santa, este pasado sábado retomábamos o curso de carpintaría, que xa vai pola súa sexta xornada.


Xa pola mañán, como estábamos traballando na Balbina, achegamos ó taller o novo barco no que se farán as prácticas, a Betty, un bote das Rías Altas de 6,40 metros.


Gustóulles moito a todos os alumnos. É un tremendo barco.


Os traballos a facer nel son moi variados, e ahí terán tempo a practicar distintas técnicas.

Haberá que reparar varias cadernas, botar trancanil, reforzar cordas, botar medios baos, botar algunha táboa da cuberta e recravar.


Este sábado empezaron por romper as partes que se van a sustituir. Medo daban a bordo dela cos ferros do monte e as patas de cabra.



Eu, como armador, dáballes algunhas instruccións para que non me desfixeran o barco de todo, pero vendo que equipaban semellante armamento, por si acaso, presentéime protexido, non fora a ser que me caera algunha a min.



O mestre ensinóulles como tiñan que sacar as plantillas para facer as varengas e os genoles que tiñan que sustituir.



 E tamén como sacar a plantilla do trancanil, que se meterá en dúas pezas para non ter que desmontar a tapa da regala nin a sorraina.



Son todas éstas, operacións que se poden atopar a miudo os usuarios de barcos de madeira, co que é unha estupenda práctica.

Un grupo púxose a traballar nas cadernas da popa, outros nas de proa, que daban máis traballo por quedar baixo a cuberta, un terceiro grupo estaban co trancanil, e outros máis reducido adicóuse a reforzar unha corda.




Ó rematar a xornada, quedou coas cadernas da popa refeitas e cravadas, e unha de proa presentada.


Tamén quedou colocado o trancanil da banda de babor na popa e as cordas reforzadas, xa que tiñan unha parte debilitada.

Mentras, ó longo do día, varios socios patexeiros estivemos traballando na Balbina, que dentro de pouco irá para o mar e na que ainda queda algún traballo pendente. As súas evolucións podédelas ver na súa propia páxina.


E tamén na Lala, que se iría ó día seguinte por mar para o seu fondeo.


Para a semán máis.

Comentarios