Patexeirando por Suiza

A nosa Patexeira viaxeira, Dolores, andivo esta Semán Santa por Suiza. Non, non desconfiedes, non iba levar cartos, Os Patexeiros non somos tan ricos.

Tampouco iba visitar a fábrica de Nestlé. Aproveitou estes días, porque como aquí daban un tempo estupendo con sol, nordestiño e temperaturas de ata 28 graos, para cambiar un pouco de clima e ir papar frío e choiva ó país alpino. Non debía estar chea ainda.


Como é mester nas viaxes dos membros dos Patexeiros, sempre aproveitamos para mandarvos imaxes e comentarios do que se coce polo mundo adiante respecto ás embarcacións tradicionais.

Nesta ocasión pouco pudo atopar.

Aquí tedes unhas mostras do que había por Berna, Ginebra e Zurich.


En Ginebra (Geneve) atopou esta fabulosa "barca", La Neptune, o único barco histórico que navega nas augas do lago Leman, ou iso din na súa web .


É un barco construído en 1904 que solía levar mercadorías e materiais de construcción que favoreceron a expansión de Ginebra. Logo, a finais dos anos 60, sirveu como draga.



Tamén curiosas estas embarcacións que usan nunha asociación, o Limmat Club  que foi creada para facer salvamento nos ríos, e que hoxe utilizan para competicións, procesións, rafting,  etc....




 A pena é que non vos poidamos decir o nome destas embarcacións, pero o noso alemán é moi malo.


 Como vedes, antíguamente eran de madeira e hoxe en día xa hai varias que parecen de aluminio.




Tamén nos enviou  imaxes destas estupendas embarcacións, que parecen unhas réplicas, ou moi boas restauracións, de barcos de vapor. Pena que tampouco volo poidamos aclarar.



Da a impresión que son os barcos que utilizan para paseos fluviais.







Curioso tamén este sistema de protección, supoñemos que anti-gaivotas, que tiña este pequeno bote.



E nada máis desta pequena volta por Switzerland. Unha chuviosa despedida dende aquelas terras de parte da nosa patexeira máis viaxeira.





Comentarios

  1. Joan Carles Giné7 de abril de 2015, 10:04

    perdón, pero Suiza non é Escandinavia...

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Efectivamente, Joan Carles. Metedura de pata pola miña parte. A verdade é que estaba pensando en Suecia, e fóiseme a pinza.
      Xa está corrixido, grazas.

      Eliminar

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com