Outra nova xornada no curso.

Onte sábado, no curso de carpintaría, seguimos traballando na Betty.

Houbo asistencia completa. Porque o pasado sábado, algúns ainda continuaron coas vacacións de Semán Santa.

Nesta xornada, continuaron refacendo unhas cadernas na proa, e estiveron colocando dúas partes do trancanil.

Primeiro fixeron a plantilla.


Logo a marcaron nunha táboa.


Fixéronlle as entallas para os barraganetes.












Presentárona e logo cortaron o sobrante.


Cepillárona.



Ó mesmo tempo, outro grupo, adicábase a recompoñer os baos, e a facerlles o seu encaixe a media cola de milano. Un traballo moi fino.















E finalmente deixáronas colocadas.


O bote xa luce un bo aspecto, se para a semán lle dán outro empurrón como o de hoxe, e logo, co que nós lle fagamos, intentaremos telo listo para levar ó Encontro de Cabo.


Ademáis no descanso do curso, nos fixeron un tojino para tapar un burato ocasionado pola erosión dun tornillo, na Balbina, na que estivemos traballando os socios estes días.


Estes alumnos, ó igual cós de edicións anteriores, están facendo un traballo estupendo. A verdade é que nos sorprenden sempre, polas gañas de traballar, polos coñecementos que asimilan en pouco tempo, pola osadía coa que afrontan os traballos, etc...

A carpintaría de ribeira, non é un oficio que sexa fácil de aprender, e éstes alumnos dannos leccións a todos cada semán.

Comentarios