Penúltima xornada do curso de carpintaría.
O pasado sábado estivemos coa penúltima xornada do curso de carpintaría de ribeira. Xa nos queda só a xornada do vindeiro sábado para rematar esta edición, e ainda veu este sábado xente preguntando se se podía inscribir no curso. Os alumnos continuaron traballando na Betty. Como sempre, divididos en grupos, uns estiveron sustituíndo unha varenga na proa. Outros empezando a poñer táboas na cuberta. E rematando o trancanil, que se meteu en dúas pezas, para non desmontar a regala. Estaban moi decididos e non había quen os parase. A verdade é que teñen moitas ganas de traballar. Para agradecerlles o bo traballo que fixeron na Betty, convidámolos a uns pinchos no descanso. Houbo algúns que querían coidar a liña e non probaron bocado, pero outros deron boa conta dos chourizos, queixo da Arzúa e tortillas de patacas. Tamén aproveitamos para darlles a documentación do curso e un resumo das fotos que lles quitamos nestas xornadas. Logo do descanso, continuaron