Terceira xornada do Curso de carpintaría: frasquiando.
Xa imos pola terceira xornada do curso.
Esta semán incorporáronse tres alumnos novos que por diversos motivos non poideron chegar ás dúas primeiras.
O mestre David prosigueu cunha explicacion sobre a pizarra do qué
son os cartabóns , por se a algún alumno non lle quedara claro da pasada semán, indicándoo despois na Punta Fiateira.
Unha vez rematada a explicación, David déulles unhas leccións de afiado e demáis explicacións teóricas ós novos alumnos que se incorporaban hoxe.
Mentras, sobre o taboleiro, Pepe ensinaba como coller os cartabóns.
E tamén empezaron a ver cómo se facía unha plantilla para sacar unha caderna.
Mais tarde pasaron as plantillas a un tablón e quedaron listas as pezas para cortar e montar na seguinte xornada.
Despóis do descanso habitual, e xa na
segunda parte da xornada, empezaron cos traballos na Punta Fiateira, unha canoa muradana. Primeiro, Pepe indicóulles cómo podían ver as partes que había que reparar.
E de seguido os alumnos
puxéronse mans á obra, arrincando as táboas que estaban danadas.
Unha vez
feito o desguace, o mestre Pepe explicóulles cómo frasquiar unha taboa e alí se
puxeron á allada.
Unha vez frasquiada, pasaron as medidas a un tablón para cortar o bance.
Entre varios, foron cepillando a táboa para axeitarse ás medidas que tomaran.
Xa entrada a tardiña empezaron a asentar e cravar o novo bance.
E aquí, o mestre, explicándolles cómo tiñan que rematar a táboa.
Para o vindeiro sábado, seguiremos traballando na Punta Fiateira.
Comentarios
Publicar un comentario
Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com