Quinta xornada do curso de carpintaría: O calafateo e as espichas.
Esta semán xa rebasamos o ecuador deste pequeno Curso de carpintaría de ribeira e mantemento de embarcacións tradicionais.
Os alumnos xa se van soltando. Algún xa se atreve coa serra de cinta.
Continúan traballando na Punta Fiateira.
Hoxe estiveron calafateando as xuntas con estopa, un procedemento que lles gustou moito á maioría.
Outro grupo estivo traballando en refacer a parte da regala que faltaba cara á popa, e facéndolle a busarda.
Fixeron un traballo moi fino, o resultado foi estupendo.
Viron tamén como se quitaba un nó que estaba solto e como se lle facía unha peza para tapalo. Son tarefas habituais no mantemento de embarcacións.
Para repartir o traballo, o mestre levou a un pequeno grupo á Balbina para ensinarlles a detectar os cravos podres e a facerlle espichos e recravar os bances.
Logo, para repasar coñecementos, volveron a facer outra plantilla dunha caderna, pasárona ó tablón, despezárona e a deixaron lista para armar outra caderna, como fixeran a xornada anterior.
Agora imos a facer un parón de dúas semáns, con motivo da Semán Santa e volveremos con novos folgos para a recta final do curso, no que traballaremos noutros barcos.

Comentarios
Publicar un comentario
Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com